Polos creativos
Primeiro deseño 3D
Enviado por josean o Dom, 18/12/2022 - 17:46Este é o primeiro dos moitos deseños 3D que os nosos alumnos farán. Empezamos co Blender, pero buscando algo moito máis intuitivo topamos Tinkercad e é o que imos usar. O autor Roberto Carlos Santiago Nedea.
Impresora 3D/Deseño 3D
Enviado por josean o Dom, 18/12/2022 - 16:59Tiñamos unha xa á que non sacamos todo o proveito que deberiamos, pero nesta Creality cr 200b, xa empezamos a imprimir. Polo de agora son so os exemplos que a propia marca nos proporcionou. Estamos nos primeiros pasos: calibración, mantemento, entendemento do funcionamento, tipos de filamentos...Pero o que realmente nos interesa é que os nosos alumnos deseñen en 3D; algúns deles deran uns primeiros pasos co Blender, pero alumnos e profes logo de probar un programiña online gratuito chamado Tinkercad, decidimos que ese sería o noso programa de deseño 3D, e xa, imos empezar con el
Autodesk Tinkercad
Novos Robots
Enviado por josean o Dom, 18/12/2022 - 16:38Novos robots entran a formar parte do noso repertorio. A base é sempre a mesma, unha placa á que van conectados sensores que identifican distancias, cores, liñas, temperaturas... Estes novos robots os MII bot van sostidos en pezas semellantes ás Lego e a linguaxe de Programación "Crumble" esta baseada nunha vella coñecida, "Scratch", coa que levamos moito tempo traballando.
Os alumnos de 6º tirando de Manual para montar os novos Robots
Volven os Mbot
Enviado por josean o Ven, 02/12/2022 - 18:34Cunha programación moi simple baseada nun código binario (apagado e encendido) puxeron aos Mbot á liña co programa MBlock e malia que logo de tanto tempo apagados perderan forza, algúns fixeron aquilo para o que se programaron.
Papiroflexia con...Luís Lores
Enviado por josean o Mér, 30/11/2022 - 23:48Aproveitamos as cadeiras de pá, os novos tripodes de tablets montados con tablet Lenovo e o micro Behringer B1, todo noviño do trinque, provinte dos Polos Creativos. Coa habilidade de Luis e Andrea para grabar, guionizar e interpretar elaborouse este origamititorial do cogumelo.
Experimentamos coas cores
Enviado por Ruth o Dom, 27/11/2022 - 22:48Experimentar colores (Vídeo) de Ruth PT
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5