blogue dejosean

Maio do Río Lameira: Os Maios (29)

Irene Pazos Estévez é veterana no mundo dos maios e nótaselle. Ela de pequeniña xa fora aos maios de Marín cos seus compañeiros da Virxe do Carme e o que comparte segundo ela é noviño do trinque pois inda é de onte.

Maio Coitado: Os Maios (28)

Xuntáronse Laura Arribas López e Carla Vilela Fernández, e convencéndoas aos poucos foron sacando esta copla e cantando así de ben o seu Maio Coitado.

Maio dos Valentes: Os Maios (27)

Daniel Quintana Domínguez aproveitou o que tiña para construír o seu maio dos Valentes, unha mascarilla por aquí, uns Cds por alá.....E para a estrutura? Para a estrutura á arbore de Nadal!

Letras Galegas (1): Ignotus de Algarabía Animación

Moito lles temos que agradecer aos de Algarabia Animación que nos mandasen estas curtas de animación que todas elas englobaron polo día das Letras Galegas de hai uns anos a serie coñecida como "A lingua animada"

Nesta caso a figura central é Rosalia de Castro

Ademais das curtas de tres delas enviáronnos tamén 3 unidades didácticas para todos aqueles de vos que vos queirades introducir no mundo do cine e das curtas de animación stop Motion con plastilina, onde Algarabía Animación son uns verdadeiros artistas.

Manualidades dende a casa (42): Stykz/Pivot Animator

Agora que tedes un fin de semana un pouco longo se algún se anima pode trastear un pouco con estas dúas ferramentas para facer animación dun xeito moi sinxelo

A primeira Stykz ven unicamente para Windows e Mac e a segunda é instalable en dispositivos móbiles (teléfonos e tablets). Os resultados son moi similares. Para o primeiro vas ter que instalar tamén o Quicktime player (Gratuito), un reproductor de Mac, o que che permitirá exportar a Animacion en formato de video (.mov)

Roberto Armada xa se animou e deixounos esta pequena curta:

Se de verdade queres entrar no mundo da animación  tes aqui dous titoriais destes divertidos programas.

STYKZ

 PIVOT ANIMATOR

Maio Amaiado de Alexandra Santiago: Os Maios (26)

A Alexandra o seu pai Carlos ensinoulle como cantar os maios.  Enseñoulle en dúas velocidades: unha rápida e esta máis axeitada a un maio, maio. Parabéns polo esforzo e polo ben cantado.

O coronamaio de Xiana Gómez Orge: Os Maios (25)

Xiana Gómez Orge e a súa familia cántanos este Coronamaio dende a súa casa. A Paco, o seu pai, faltalle un pouco de entrenamento pero o importante é intentalo.

 

Copla do maio do pai de Roi Rodiño: Maios (24)

O pai de Roi Rodiño Fraguas quixo estar connosco celebrando os maios e fixo esta copla do Maio Pequeniño.

Maio Pequeniño by Josean Pazos on Scribd

Copla do Barco "O Chuvias": Os Maios (23)

Ten moito mérito o destes dous rapaces, con moi poucos ensaios bótanse a cantar unha copla de barcos que antes escribiran Breixo Vidal e Xoel Sequeiros. Se xa de por si escribila foi un reto, cantala inda o foi maior. (Se non entendedes ben a letra, activade os subtítulos do vídeo).

Manualidades dende a casa (27): Debuxos a partir de mans

De Candela Bermúdez Santiago son as mans e os rotuladores que a partir da súa man deseñan un caracol.  Como ela moitos outros se atreveron a facer debuxos a partir das súas mans.

Coplas de Embarcacións: Os maios (7)

#LEVANTATE MAIO 2020 CEP SEQUELO

As coplas das embarcacións, ao seren uns artefactos que se introduciron no mundo dos maios moi tardiamente, froito da xente con poder das vilas que miraba con malos ollos o primitivismo rural dos maios e que pretendía adaptar aos tempos a festa por mor dunha mal entendida modernidade, ten diversas melodías con ritmos moi diversos:  polkas, mazurkas, valses...., os estilos predominantes e elegantes de primeiros  do século XX. As embarcacións, que nun primeiro momento eran barcos de guerra, non foron as únicas representacións extrañas que os nenos das familias ben introduciron no mundo dos maios; hai un longo repertorio:  carrozas triunfais, torres, arcos triunfais, avións, submarinos, carros triunfais... Este proceso ten lugar a finais do século XIX e continúa ata ben entrado o século XX.

O pobo de Marín, con moi bo sentido fai, que o único que sobreviva desta amplia variedade, que xa ao impulsor da festa dos maios, o pintor marinense Manuel Torres, non lle gustaba, son as embarcacións, levadas case sempre ao seu terreo natural, a vida do mar e a ser cantadas exclusivamente como os maios en galego; porque mentres os maios sempre se cantaron en galego, todos estes artefactos froitos das clases pudentes cantábanse en castelán; ate que o pobo dicide a mediados dos anos 50 do século XX adaptalos á súa vida mariñeira e ao seu falar.

 

DESAFIO COPLAS:

Como vos dicía hai moitas melodías diferentes para as embarcacións.  A máis sinxela, dentro das embarcacións e dentro das dificultades que todas elas teñen, comparadas coas dos maios, e esta de 1953 e posiblemente anterior que en canto á súa estrutura temática é como segue:

1.Presentación da embarcación

(Estrofa de catro versos onde o 1º e o 3º de 10 silabas  non riman e o 2º e o 4º riman e son de 9 sílabas pero rematados en aguda co que suman tamén 10).

2. O corpo da copla: relato da vida mariñeira do momento, do seu traballo...

(Tres estrofas coa mesma estrutura da anterior).

3. A embarcación despídese

(1 estrofa do estilo das anteriores).

4. Retrouso 

Intercalada entre todas as anteriores vai un retrouso que se repite e que consta de tres versos de 7 sílabas que riman entre eles e un cuarto de 6 pero acabado en aguda que ten que acabar nunha palabra aguda que rime con temporal.

 ATREVEDEVOS!! SE O FACEDES POR PARELLAS VAIVOS RESULTAR MÁIS SINXELO FACER ESTAS SEIS ESTROFAS.

Embarcacion-xianaaa.pdf by Josean Pazos on Scribd

Os maios (5): Coplas de Maio de 4º

Van chegando as coplas de maio e os primeiros que se animan son os dous cursos de 4º.  Recordámosvos que a inscrición para o LXVII Concurso de Maios de Santa Cecilia esta vez centrado nas Coplas e en debuxos de Maio. Para facilitarvos o labor deixámosvos os documentos de Autorizacion de Uso e de Datos, no apartado de adxuntos para que os cubrades e os enviedes xunto á copla a ateneosmarin@hotmail.com. Ademais estan tamén as bases.

Coplas de Maio by Josean Pazos on Scribd

O mundo dos Maios

Recopilatorio dos nenos de 4º B sobre o mundo dos Maios

Manualidades dende a casa (25): Saída ao Museo de Pontevedra

Van chegando máis traballos coa técnica do Stop Motion. Neste caso Breixo, Roi, Roberto e Carla recrearon o que debía ser o traballo co que podiamos ter concursado no Concurso de Curtas do Museo de Pontevedra.  O que ía ser un vídeo con personaxes reais supliuse con este traballo de todos dende a casa.

 

Hoxe aplaudimos ao Concello de Forcarei

Hoxe aplaudimos ao Concello de Forcarei que está poñendo tódolos medios para que a un alumno noso que está pasando esta época coa súa avoa na parroquia de Castrelo lle poida chegar o traballo por medio de fotocopias. UN APLAUSO MOI GRANDE AO CONCELLO DE TERRA DE MONTES.

Poemas dende a casa (15): As señoras Cousas

Sara, Laura, Breixo Vidal, Breixo Sanjorge, Irene, Candela, Alexandre, Sara, Martin, Dani, Roberto, Roi e poderíamos seguir así ata 17, leron o libro de poemas "As señoras Cousas de Helena Villar Janeiro", autora que tivo a amabilidade de mandarnos na súa voz algún dos seus poemas e logo aprenderon un.  Dende as súas casas, fóra os que teñen sorte de poder e dentro os máis afortunados,  recítannos cadanseu poema. Grazas HELENA, grazas RAPACES.

Autoduck para radio Escolar por Audacity

Dedicado a Xoel, mais todos vós podedes crear o voso propio programa de radio. Creades un guión do programa que queredes facer, gravades a vosa voz cos teléfonos e enviades a vosa voz a alguén que as poda mesturar. Mais se lle queredes meter música e que non estorbe coa voz, para iso Audacity ten a función de Autoduck, doado, sinxelo e rápido.

O Matavelutinas

Estuda e logo xoga a eliminar velutinas. Para que a variña máxica dispare preme a tecla espazo

Música dende a casa (15): XOSÉ IGLESIAS BUXÁN

Houbo un tempo en que esta canción inspirada no poema de Manuel María "O Cuco", e con melodía de Suso Vaamonde era ben coñecida polas xentes do pobo. Foi moi popular e a súa gravación en vivo nun concerto en Moaña tivo grande repercusión na nosa zona. 

Eses tempos por desgraza xa pasaron, mais Xosé que estivo presente daquela cantando e tocando no concerto, reinterpreta para nós dun xeito maxistral a canción. Non é unha estrea en todo o sentido da palabra, pero case, porque a súa axente artística que é aguda coma un allo, ao pouco de gravala mandouna á TVG con saúdo ao noso colexio e todo.

ANIMÁDEVOS E MANDÁDENOS UN VÍDEO CANTANDO UN ANAQUIÑO DESTA CANCIÓN PARA MANDARLLO AO ARTISTA.

Manualidades dende a casa (22): Xaque Mate (Stop Motion)

Os alumnos deste colexio son uns monstros, non polo feos que son, senón polas cousas que son quen de facer. Dende Ponteareas os irmáns Vidal Salgueiro, Darío e Breixo, co Stop Motion, enxeño, paciencia e tempo mándannos esta incrible partida de xadrez PUNTO E FINAL

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.

 

Arquivos mensuais