Marzo 2020

Contos desde a casa (3): Raúl Soage 2º curso "A cebra Camila"

Isto dos "Contos desde a casa" vaise animando, terceiro conto, esta vez Raúl Soage de 2º curso, "A cebra Camila".

Lengua 4º

Déixovos  exercicios de lengua e galego para que repasedes

https://juegosinfantiles.bosquedefantasias.com/lengua-literatura/ortografia (1 abril)

Contos desde a casa (2): A casa da mosca Chosca por Candela 5º

Un novo conto chega á nosa web. Esta vez é Candela quen da súa casa nos conta un dos contos que máis lle gustou.  Atenta Irene Estévez Pazos

Matemáticas en pdf (3º)

Para aquelas familias que teñen problemas para abrir archivos odt.

Contos desde a casa (1): Diego Soage 1º curso "O galo Quirico"

Xa temos o primeiro "Conto desde a casa", Diego Soage de 1º curso, "O galo Quirico".

A ver quen é o seguinte...

Confección e realización dun diario (3º)

Outro traballo que propoño é o de facer e realizar un diario para estes dias de encerro. Podedes realizar de maneira individual e en familia as seguintes tarefas:

O primeiro, imos construír coa nosa familia un diario. Ten que ser persoal, a modo de libriño, utilizando os medios que temos ao noso alcance (diferentes papeis, por exemplo)

Crearemos unha portada e contraportada e dentro irán os folios. Adornarémola ao noso gusto, personalizándoo co noso nome e curso. Cando volvamos a clase levaremos connosco o noso diario.

- Cando o teñamos feito, teremos que escribir todos os días nel. Poñeremos a data arriba á dereita (como facemos na clase) 

- Apuntaremos todo aquilo que nos ocorra durante o día e os nosos pensamentos e emocións. Podedes distribuir o día nas horas que lle dedicaremos a cada actividade, por exemplo: almorzo, xogar coa familia, xantar, ratiño de tarefas escolares, momento de lectura e charla coa familia…

NON vale facelo todo o mesmo día xa que é unha tarefa que se deberá facer de maneira diaria para que funcione. 

- Podemos adornar o noso diario ao noso gusto e mesmo cada día podemos adornalo tamén con debuxos, pero sempre poñendo a data diaria.

-  ÁNIMO!!

Matemáticas para 2º curso

Facendo clic no arquivo adxunto tedes actividades de Matemáticas.

Proposta de traballo con dispositivos móbiles (3º)

Vamos intentar facer a distancia máis pequena cos dispositivos móbiles a través dun traballo voluntario.

Consiste en que cada un de vós faga un pequeno vídeo de entre 20-40 segundos aproximadamente que inclúa: un saúdo, como vos atopades, unha idea de cousas que facer para pasar o tempo na casa e non aburrirnos e unha despedida.

É un traballo en equipo entre nais/pais e fillas/fillos.

@s nen@s deben facer un pequeno guión cos apartados do punto anterior (podedes mandar unha foto do guión ou ben un vídeo explicando o proceso) e dicilo diante da pantalla de memoria, sen papel. Pódese facer cantando, rapeando...

As nais/pais, deben gravar o vídeo e mandalo por correo ou whatsapp. Eu encárgome de montalo e envialo!

DATA LÍMITE ATA O DOMINGO!

PARTICIPADE!

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Xuño 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.