SAMAÍN NO SEQUELO
Enviado por laurarialf o Mér, 01/11/2023 - 14:09Durante esta semana os corredores do cole enchéronse do Samaín.
Elaboramos tarxetas de pantasmas nas que dentro incluímos palabras relacionadas co sentimento do medo. Tamén fixemos uns botes moi monstruosos.
Coa colaboración das familias fixemos exposicións de cabazas.
Ademais, na clase elaboramos debuxos (EI, 1º e 2º) e contos terroríficos (3º,4º,5º e 6º).
No seguinte vídeo podédeslle botar unha ollada.
O propio día do Samaín xuntámonos todo o cole para cantar e interpretar en Lingua de Signos a canción "No Samaín" de Paco Nogueiras coa axuda da profe Montse.
Os de 3º léronlle lendas e adiviñas na biblio aos de 4º e logo os de 4º léronlle un conto feito por eles e elas mesmas.
Por último, a ANPA preparounos unha casa terrorífica onde puidemos disfrutar dun momento de intriga e curiosidade e un altar de defuntos mexicano onde puidemos debuxar e recordar a algúns dos nosos seres queridos. Moitas gracias pola vosa colaboración e parabéns por todo o traballo!
PASÁMOLO EN GRANDE NESTE SAMAÍN 2023!
Contos Terroríficos polo Samaín
Enviado por inesduran o Mér, 01/11/2023 - 01:24O Sequelo cociña...edición Samaín
Enviado por laurarialf o Mar, 31/10/2023 - 23:52Estreamos "O Sequelo Cociña" coas achegas dos pequenos e pequenas do cole. Aquí tendes as receitas tan ricas e monstruosas que vos queren amosar. Que boa pinta!
Moitas grazas familias!
O Sequelo cociña
Enviado por laurarialf o Mar, 31/10/2023 - 21:40Este ano queremos presentarvos un novo proxecto: O Sequelo cociña. Nesta sección compartiremos receitas propostas polos nenos e nenas en colaboración coas familias. En cada festividade poderedes atopar como cociñar cousas deliciosas!
Mitoloxía Galega. A Santa Compaña.
Enviado por inesduran o Mar, 31/10/2023 - 19:08Un Samaín responsable
Enviado por laurarialf o Sáb, 28/10/2023 - 18:13No cole xa empezamos a notar o Samaín e para ser consciente á hora de escoller o noso disfraz, os máis peques do cole tiveron unha charla sobre o consumo responsable. Nela puideron comprender a importancia de reciclar e reutilizar os disfraces e tamén como saber se son seguros e axeitados para nós atendendo ás etiquetas. Acabaron a charla creando a súa propia máscara para este Samaín!
HORARIO DE DEDICACIÓN AO CARGO DO EQUIPO DIRECTIVO
Enviado por Belen o Xov, 26/10/2023 - 13:49
HORA |
LUNS |
MARTES |
MÉRCORES |
XOVES |
VENRES |
09:00 A 09:55 |
SECRETARIA DIRECTORA |
SECRETARIA DIRECTORA |
SECRETARIA DIRECTORA |
SECRETARIA DIRECTORA |
SECRETARIA DIRECTORA |
13:05 A 14:00 |
|
DIRECTORA |
DIRECTORA |
|
DIRECTORA |
Día das Bibliotecas
Enviado por inesduran o Dom, 22/10/2023 - 22:48DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS
Cada 24 de outubro celébrase en España o Día da Biblioteca.
Como celebrar o día da Biblioteca?
Moi fácil, simplemente visita unha.
Acércate ata a nosa Biblioteca e déixate ilusionar
pola maxia das historias, aventuras, da información, dos CÓMICS...
Faremos coincidir nesta semana a celebración do Samaín coa data das Bibliotecas.
XXVI Carreira Pedestre San Martiño 2023
Enviado por Belen o Mér, 18/10/2023 - 20:30O club Corredoiras Bueu vai celebrar a XXVI Carreira Pedestre San Martiño 2023. Esta proba realizarase o sábado 11 de novembro a partires das 17:00 h nos redores do Centro Social de Bueu sita na rúa Montero Ríos.
As categorías, distancia e horario móstranse na seguinte táboa:
CATEGORÍAS |
ANO NACEMENTO |
DISTANCIA |
HORARIO* |
Alevín feminino |
2012 a 2013 |
700 m |
17:00 h |
Alevín masculino |
2012 a 2013 |
700 m |
17:10 h |
Infantil masculino/feminino |
2010 a 2011 |
1000 m |
17:20 h |
Benxamín feminino |
2014 a 2015 |
500 m |
17:35 h |
Benxamín masculino |
2014 a 2015 |
500 m |
17:45 h |
Cadete masculino/feminino |
2008 a 2009 |
2000 m |
17:55 h |
Minibenxamín masculino |
2016 a 2017 |
300 m |
18:15 h |
Minibenxamín feminino |
2016 a 2017 |
300 m |
18:25 h |
Chupete (conxunta) |
2018 a 2021 |
100 m |
18:35 h |
A proba será totalmente gratuíta para os rapaces e rapazas, que ademais levarán agasallos por participar.
Enlace para inscribirse:
https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2652/xxvi-carreira-pedestre-de-san-martino-bueu-2023
Campionato escolar zonal de campo a través
Enviado por Belen o Mar, 17/10/2023 - 22:40O pasado xoves 5 de outubro celebrouse este campionato no campo de fútbol de San Pedro. No noso centro obtivemos varias medallas e diplomas. Noraboa a todos e todas!
Formación de Usuarios da Biblioteca
Enviado por inesduran o Mér, 11/10/2023 - 10:01Durante as primeiras semanas do curso e nas próximas deste mes de outubro,
as distintas clases dende Infantil ata 6º de Primaria, están recibindo unha sesión didáctica sobre
Formación de usuarios na Biblioteca do noso centro;
en especial para ter unhas sinxelas nocións sobre a CDU - clasificación decimal universal-
e que a distribución dos libros nos andeis non sexa un misterio.
Empezamos o cole xogando.
Enviado por inesduran o Mér, 11/10/2023 - 09:56Enfermidades raras: visibilización e apoio ás persoas que as sofren
Enviado por Belen o Xov, 05/10/2023 - 15:16A alameda Rosalía de Castro acollerá mañá venres día 6, pola tarde, unha xornada especial adicada á visibilización das enfermidades raras.
A partir das 16:30 horas comezará este evento cun taller de manualidades, pintacaras, globoflexia e photocall.
Ás 18:30 horas iniciaranse unhas charlas informativas con Patricia Fuentes (emocións), Tatiana Massó (osteopatía), Rosí Neira Dopazo (Logopedia e terapias) e Ángela Naveira pechará co tema de nutrición.
Ás 20:30 horas Bruno Hermida e Fabi Torres ofrecerán unha masterclass de zumba.
Animavos a tódalas familias a participar neste evento!
Ponte a Conducir
Enviado por Ruth o Xov, 05/10/2023 - 12:26
Achegamos a información aportada dende o Concello de Marín:
Ponte a Conducir terá lugar o día 7 de outubro no parque Eguren en Marín ás 10:00 horas, para que o teñan así para a difusión da actividade que considere oportuna.
O lema deste ano é o “Transporte seguro, curso feliz”, a oitava edición, da actividade de formación viaria para nenos que organizamos en colaboración con todos os socios da plataforma.
O obradoiro celebrarase na seguinte data:
· Marín: sábado 7 de outubro de 2023, ás 10.00 horas no circuíto de Educación Vial que se montará no Parque Eguren – Marín.
HORARIO: Todas as actividades comezan ás 10.00 horas. Prégase máxima puntualidade para facilitar os labores organizativos.
A inscrición pode facerse tanto presencialmente, na sede da FANPA, como a través do correo electrónico ponteaconducir@gmail.com, achegando os seguintes datos:
· Nome e apelidos do/a participante
· Curso escolar
· Centro educativo ao que pertence
· ANPA (se é socio)
· Nome do pai, nai ou titor/a responsable
· Teléfono de contacto
· Firmar o documento de toma de imaxes (pode descargarse da páxina da FANPA)
Tamén poderanse escribir presencialmente o día da actividade, sempre que haxa prazas dispoñibles.
TEMPOS E OBSERVACIÓNS: Os tempos a permanecer en cada aula/obradoiro, serán de aproximadamente 30 minutos. Dado que para o circuíto, a capacidade ideal é de 15 nenos, o resto do grupo permanecerá dentro do circuíto, atendendo as indicacións e ensinanzas da organización.
NORMAS DURANTE A ACTIVIDADE: Todos os participantes deberán estar acompañados dun adulto responsable que permanecerá na zona para as familias. Os participantes deberán seguir as normas que estableza a organización , tanto dentro do circuito como durante a actividade.
CONCURSO DE DEBUXO: Como en anos anteriores, celebraremos o concurso de debuxo sobre o lema do mesmo.
Días non lectivos
Enviado por Ruth o Mér, 04/10/2023 - 10:48A Xefatura Territorial declara non lectivos para o CEIP Sequelo- Marín os días 13/10/23 e 20/05/24 de acordo co calendario laboral.
San Miguel-Danza de Espadas
Enviado por laurarialf o Ven, 29/09/2023 - 23:49Hoxe é San Miguel! Por iso, dende o noso cole quixemos celebralo un pouquiño. Dende o Ateneo Santa Cecilia algúns cursos recibimos unha pequena charla para así manter e coñecer un pouquiño máis esta festa do noso pobo. Algúns compañeiros e compañeiras tamén viñeron vestidos segundo a tradición.
Ademais, os de 4º xunto coa profe Belén, a profe Ruth, a teacher María e a profe Laura fixemos, de acordo coas cores propias deste día, unha decoración moi chula para o cole. Mirade que ben quedaron!
Conservando as Tradicións
Enviado por inesduran o Ven, 29/09/2023 - 12:54SAN MIGUEL
Danza das Espadas
Charla do Ateneo Santa Cecilia
para a conservación do patrimonio cultural de Marín
fai click na imaxe para continuar coa información.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES- PREPARADOS/AS?
Enviado por Belen o Mar, 26/09/2023 - 09:42ESTIMADAS FAMILIAS:
AS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES MAIS VOTADAS FORON TODAS!
COMEZAN O LUNS 2 DE OUTUBRO, DE 16:00 A 17:00 HORAS, NO PAVILLÓN DO SEQUELO.
RECORDAMOS:
LUNS: MULTIDEPORTE
MARTES: ATLETISMO
MERCORES: ACTIVIDADES AERÓBICAS CON FONDO MUSICAL
MÉRCORES: XADREZ
XOVES: DEPORTES DE RAQUETA
Benvida ao curso 2023/24.
Enviado por Miguel o Xov, 14/09/2023 - 00:00Ola. O alumnado de 2º de primaria fixo este vídeo para darvos a benvida a este novo curso que comenza. O curso do 50 aniversario do CEIP Sequelo.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »