Taboleiro
María Gonzalez Carvajal, alumna do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural, recolleu este venres 24 de maio un dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior.
Enviado por Admin o Mar, 27/04/2021 - 07:38
A alumna María Gonzalez Carvajal, do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural, recolleu o pasado día 24 de maio un dos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior .
A profesora Sara Buide con María González Carvajal na entrega dos premios
Os alumnos de FP Básica participan no Galicia Skills
Enviado por Admin o Mar, 27/04/2021 - 07:37
Os alumnos de FP Básica do IES San Rosendo de Mondoñedo participan, facendo unha demostración da súa especialidade de florería, no Galicia Skills, un certame que se desenvolve entre o 30 de novembro e o 1 e 2 de decembro no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda unha centea de estudantes de Formación Profesional de corenta centros de Galicia medirán as súas habilidades e coñecementos.
Para ver a entrega de premios: https://youtu.be/hqVN1_PdTm0
A raiña Letizia inaugurou o curso escolar de Formación Profesional no IES San Rosendo de Mondoñedo
Enviado por Admin o Mar, 27/04/2021 - 07:36
A raiña Letizia inaugurou de forma oficial o curso de Formación Profesional no IES de San Rosendo de Mondoñedo acompañada polo ministro de Educación, o presidente da Xunta e o conselleiro de Educación.
A raiña contemplou como traballaban os alumnos de FP e despois, tras o protocolario acto inaugural, visitou unha exposición de proxectos innovadores de FP que desenvolven dez centros de Galicia interesándose polos detalles de todos eles.
Video procedente de La Voz de Galicia
A raiña Letizia presidirá no IES San Rosendo o acto oficial de apertura do curso estatal de Formación Profesional (FP) 2016-2017.
Enviado por Admin o Mar, 27/04/2021 - 07:36A raiña Letizia presidirá en Mondoñedo o acto oficial de apertura do curso estatal de Formación Profesional (FP) 2016-2017. O acto de apertura do curso de Formación Profesional celebrarase no Instituto de Ensinanza Secundaria (IES) San Rosendo, a partir das 11:30 horas.
Además da Raiña, está prevista a participación no acto protocolario do ministro de Educación, Iñigo Méndez de Vigo; do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; e do conselleiro de Educación, Román Rodríguez.
Exposición de fotografías de Pablo Couto Andrés
Enviado por pedro o Mar, 27/04/2021 - 07:34Pablo Couto Andrés, alumno de 2º do Ciclo Superior de Xestión e Organización de Recursos Naturais e Paisaxismo, é un grande afeccionado á fotografía e á natureza da nosa contorna. Mostra disto podemos atopala na exposición que está a realizar nos corredores do noso centro. Aquí tedes unha mostra da súa magnífica obra.
This presentación customized with Smilebox |
Calendario de Exames do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Medio Natural (Exames Finais de Marzo)
Enviado por Admin o Ven, 12/03/2021 - 10:41Documentos COVID - IES San Rosendo 2020-21
Enviado por Admin o Ven, 04/09/2020 - 15:01Dacordo aos Protocolos e Instrucións conxuntas da Consellería de Sanidade e da Consellería de Educación e Formación Profesional, debido á situación actual de pandemia provocada pola COVID 19, presentamos os seguintes documentos desde o noso centro:
- PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020-2021 NO IES SAN ROSENDO DE MONDOÑEDO (actualizado 20/10/2020)
- PLAN DE CONTINXENCIA PARA A ACTIVIDADE LECTIVA NON PRESENCIAL PARA O CURSO 2020-2021 IES SAN ROSENDO
DECLARACIÓN RESPONSABLE (COMPROMISO COVID 19 POR PARTE DAS FAMILIAS)
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »