Taboleiro

Os alumnos do IES San Rosendo medalla de prata na competición de Agroxardinería nas FPBásicaSkills Galicia 2022

Os alumnos da FP Básica do IES San Rosendo Amaro Pérez Crespo e Iván García Pérez, conseguiron a medalla de prata na competición de Agroxardinería nas FPBásicaSkills Galicia 2022.

http://www.edu.xunta.gal/fp/fpbasicaskills-alumnado-ganador-2022

Dúas alumnas do IES San Rosendo gañadoras do primeiro e segundo premio de secundaria no concurso de debuxo A Ribeira Sacra Patrimonio Mundial, organizado por El Progreso

O concurso de redacción e debuxo A Ribeira Sacra Patrimonio Mundial, organizado por El Progreso, xa coñece aos seus premiados. O certame estaba aberto a estudantes de educación primaria e secundaria de toda a provincia de Lugo e contou cun xurado composto pola xefa de cultura da delegación territorial da Xunta, María José Gómez; o director da Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón, Ramón Cabarcos; e o redactor e xornalista do Progreso Javier Rivera.


Na categoría de secundaria resultou gañadora a creación de Paula Castro Castillo, alumna de cuarto de ESO no instituto San Rosendo de Mondoñedo. O segundo posto foi para a estudante de primeiro de ESO Andrea García Díaz, tamén do IES San Rosendo; e o terceiro premio levoulno Yanira Rodríguez Vázquez, que estuda terceiro diso no colexio dos Escolapios de Monforte.

 

https://www.elprogreso.es/articulo/ribeira-sacra/concurso-progreso-ribeira-sacra-conoce-ganadores/202202051802461556119.html

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO


DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO

Consellería de Cultura, Educación e Universidade |

  • Aberto prazo para a distribución de máscaras entre o alumnado do 15 ao 26 de
  • novembro de 2021.
  • Só terá que presentar solicitude o alumnado non beneficiario do vale de material no presente curso e que cumpra os requisitos que se especifican na convocatoria (ver información adxunta).


ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

Distribuir contido