Taboleiro

O IES San Rosendo no FP Innova 2018

 

A miniempresa Benestar vexetal Biomondo, formada polos alumnos do Ciclo Superior de Xestión Forestal e do Ciclo Medio de Xardinaría do IES San Rosendo, participa na terceira edición do Congreso FP Innova os días 25, 26 e 27 de abril de 2018. Alí, xunto con outras miniempresas de Galicia mostra os seus traballos.

Matemáticas na Raia 2018

O pasado xoves 19 de abril o alumnado de 3º ESO participou no concurso "Matemáticas na Raia".

 Matemáticas na Raia é un concurso anual de resolución de problemas por equipos que se desenvolve en Galicia e no Norte de Portugal organizado conxuntamente pola Asociación Galega do Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) e a Asociación de Profesores de Matemáticas de Portugal (APM). Está pensado para alumnado de3º ESO en Galicia e 9º Grao en Portugal.

 A proba consistiu en resolver, en hora e media, cinco problemas por equipos de clase completa, como podemos ver nas fotos.

 

Desde o departamento de matemáticas queremos agradecervos a vosa paixón e esforzo demostrados durante a realización da proba. Agardamos que sigades no día a día coa mesma ilusión que nos transmitistes cara afóra aos organizadores. Sexa cal sexa o resultado, entre todos logramos o obxectivo principal: disfrutar das matemáticas colaborando en equipo. Seguro que tamén quedaron detalles que mellorar, pero iso quedará para outras ocasións, para as cales vos animamos a seguir participando.

 

III Chocolatada solidaria de comercio xusto

O venres día 23 celebraremos no centro a III Chocolatada solidaria de comercio xusto.

 

 

http://comerciojusto.org/publicacion/caderno-comercio-xusto-un-movemento-en-auxe/

 

Homenaxe a Elisa Lamas

O IES San Rosendo de Mondoñedo participou no Homenaxe a Elisa Lamas, escritora de Mondoñedo e pioneira do feminismo en España, efectuado polo concello de Mondoñedo o día 16 de Marzo


Probas de obtención dos certificados CELGA

Celga

Modificación das datas das probas:


RESOLUCIÓN de 2 de mayo de 2018, de la Secretaría General de Política Lingüística, por la que se modifica la Resolución de 6 de marzo de 2018 por la que se convocan las pruebas para la obtención de los certificados de lengua gallega, niveles Celga 1, 2, 3 y 4, en el año 2018 (ED114A).   

                       
Prazo inscrición: 14 de marzo - 13 abril, ambos incluídos.
Lugar de realización: Santiago de Compostela.


Distribuir contido