Dúas alumnas do IES San Rosendo gañadoras do primeiro e segundo premio de secundaria no concurso de debuxo A Ribeira Sacra Patrimonio Mundial, organizado por El Progreso
O concurso de redacción e debuxo A Ribeira Sacra Patrimonio Mundial, organizado por El Progreso, xa coñece aos seus premiados. O certame estaba aberto a estudantes de educación primaria e secundaria de toda a provincia de Lugo e contou cun xurado composto pola xefa de cultura da delegación territorial da Xunta, María José Gómez; o director da Escola Superior de Arte e Deseño Ramón Falcón, Ramón Cabarcos; e o redactor e xornalista do Progreso Javier Rivera.
Na categoría de secundaria resultou gañadora a creación de Paula Castro Castillo, alumna de cuarto de ESO no instituto San Rosendo de Mondoñedo. O segundo posto foi para a estudante de primeiro de ESO Andrea García Díaz, tamén do IES San Rosendo; e o terceiro premio levoulno Yanira Rodríguez Vázquez, que estuda terceiro diso no colexio dos Escolapios de Monforte.