Taboleiro
Os alumnos de primeiro gañan o premio Otero Pedrayo para estudantes de ESO
Enviado por Admin o Xov, 11/04/2024 - 08:44
Entrega dos galardóns Otero Pedrayo. Foto. Xesús Fariñas publicada en Premio aos escolares de Ourense na honra de Otero Pedrayo (laregion.es)
Un videoxogo realizado con scratch polo alumnado de 1º de ESO do IES San Rosendo de Mondoñedo titulado “Galeguízate con Otero” resultou gañador do premio Otero Pedrayo para estudantes de ESO e Bacharelato 2023/2024, na categoría de ESO. O xurado destacou o “excelente traballo coas novas tecnoloxías para difundir a vida e obra de Otero Pedrayo e animar á población a coñecer a Casa Grande de Cima de Vila”. O premio foi entregado o mércores 10 de abril de 2024 na Casa Grande de Cima de Vila, en Trasalba.
Sementando a memoria de Otero Pedrayo nas novas xeracións (lavozdegalicia.es)
OPERACIÓN KILO 2024
Enviado por Admin o Mér, 13/03/2024 - 07:21
OPERACIÓN KILO 2024 (Recollida de alimentos)
Coma todos os anos desde o Departamento de Relixión estamos a xuntar produtos non perecederos para donar ao Banco de alimentos de A Mariña (botes de legumes, latas de conservas, material de hixiene, galletas, leite,..). A caixa está na entrada do Instituto.
Recollemos os alimentos ata o 15 de abril.
Confiamos na vosa xenerosidade e superar os 30 quilos do ano pasado.
Grazas a todxs!!!.
Un pouco fai moito, colabora!!!!!!!
Diplomas DELF
Enviado por jcarlosgb o Mar, 10/10/2023 - 12:55
Hoxe recibimos os diplomas do alumnado certificado en francés o curso pasado. Noraboa! |
Carmen Iglesias Fernández de 2º de ESO premiada no 5º Certame de Recolla das Imaxes do Patrimonio que organiza a A.C.P.Ponte...nas ondas!
Enviado por Admin o Mar, 13/09/2022 - 13:01
A alumna de 2º de ESO Carmen Iglesias Fernández recibiu un Accesit no certame de Podcast na categoría de Ensino Secundario do 5º Certame de Recolla das Imaxes e Podcasts do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués que organiza a A.C.P.Ponte...nas ondas!
Album de actividades desenvolvidas polos Ciclos Formativos
Enviado por Admin o Ven, 22/04/2022 - 06:09
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »