Taboleiro

Os alumnos do IES San Rosendo no II Torneo de Robótica da Escola Universitaria Politécnica da Universidade da Coruña.

Este xoves 28 de marzo máis de 170 estudantes de ESO, Bacharelato e FP participaron no II Torneo de Robótica que organiza Escola Universitaria Politécnica (EUP) da Universidade da Coruña. Nesta segunda edición, participou alumnado do IES Cabo Ortegal, de Cariño; dos IES Eduardo Blanco Amor e Rego da Trabe, de Culleredo; dos IES Ferrol Vello, Sofía Casanova e Catabois, de Ferrol;  do IES San Rosendo, de Mondoñedo; do IES Ortigueira, de Ortigueira; do CPI de Atios, de Valdoviño; e mais do CIFP Ferrolterra.

Divididos en 39 equipos, os estudantes tiveron que superar tres retos: un sigue liñas con obstáculos, a proba do “Barrendeiro” e unha competición de sumo. No sigue liñas, o robot tivo que seguir unha traxectoria impresa e salvar aqueles obstáculos que se interpoñían no seu camiño. Na proba do “Barrendeiro”, empregaron algoritmos similares aos que utilizan as aspiradoras ou as máquinas de cortar o céspede para barrer todos os obxectos do taboleiro. Por último, na competición de sumo, os equipos mediron as súas forzas nun cara a cara no que debían expulsar ao robot contrario do taboleiro de xogo. Os equipos do IES San Rosendo quedaron segundos na proba do “Barrendeiro”e primeiros na competición de sumo.

https://www.udc.es/gl/novas/Mais-de-170-estudantes-participaran-este-xoves-28-de-marzo-no-II-Torneo-de-Robotica-que-organiza-a-Escola-Universitaria-Politecnica/

https://codigocero.com/Centros-de-Betanzos-Mondonedo-e-Ferrol-conseguen-os-premios-do-II-Torneo-de

https://www.udc.es/gl/novas/Centros-de-Betanzos-Mondonedo-e-Ferrol-conseguen-os-premios-do-II-Torneo-de-Robotica-da-Escola-Universitaria-Politecnica/

Os alumnos de 4º da ESO en Londres

 

Os estudantes de 4º de ESO están a gozar duns días en Londres. Visitarán e coñecerán os lugares máis emblemáticos da capital e aproveitarán para practicar o aprendido na clase e para vivir o espíritu da capital de Inglaterra.

 

http://www.cronica3.com/2019/03/ies-san-rosendo-de-mondonedo-en-londres/

 

 

 

O Proxecto Rebinxe dos alumnos de 1º e 2º de BAC do IES San Rosendo gañador do 1º premio EXPORECERCA Xove e do premio Ciencia en Acción

O Proxecto Rebinxe dos alumnos de 1º e 2º de BAC do IES San Rosendo gañou o 1º premio da súa categoría no certame nacional de investigación escolar EXPORECERCA Xove , a maior feira cintífica para mozos de España,  e o premio Ciencia en Acción.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O IES San Rosendo de Mondoñedo alzouse este sábado co primeiro premio do certame de investigación escolar Exporecerca’19 Jove, que se celebrou o pasado fin de semana en Hospitalet de Llobregat, Barcelona, grazas ao proxecto denominado Rebinxe (Recuperación da Biodiversidade na Xeografía Rural). O equipo de oito estudantes viaxara á Exporecerca como premio por gañar a Galiciencia 2018 con ese proxecto.

Competían na maior feira científica de España con máis dun centenar de proxectos de toda España, e outros países como Arxentina, Brasil, Bélxica ou Turquía. Grazas ao primeiro premio conseguido, o ano que vén estarán en Abu Dabi, nos Emiratos Árabes, competindo nunha feira internacional de mozos investigadores. Ademais, o proxecto conseguiu outro premio especial, Ciencia en Acción, que consiste na participación noutra feira en Alacante.

Celebrando a Rosalía

 

 

 

Rosalía, un ano máis e sempre abrindo como unha rosa, agasallando a súa palabra viva, fértil, actual. Este ano buscámonos nela nos, as mulleres, o universo que somos, e demos coa súa comprensión, coa súa complicidade, coa súa rebeldía. Así quixemos celebrar no IES San Rosendo a Rosalía, como mellor sabemos, lendo a súa obra, sentindo a súa poesía

http://www.cronica3.com/2019/02/o-ies-san-rosendo-celebra-a-rosalia/

 

Distribuir contido