O proxecto "Rede de bosques comestibles: unha nova xestión do espazo forestal fronte ao cambio climático", liderado polo IES San Rosendo, foi premiado na convocatoria 2021 dos premios de innovación da FP.

Publicada a Resolución do 23 de marzo de 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade convocados na resolución do 26 de novembro de 2020.

Na seguinte ligazón atopará a listaxe de proxectos premiados, agrupados por modalidade e por centro educativo coordinador, indicando os centros educativos e entidades participantes en cada proxecto: