A raiña Letizia inaugurou o curso escolar de Formación Profesional no IES San Rosendo de Mondoñedo

 

A raiña Letizia inaugurou de forma oficial o curso de Formación Profesional no  IES de San Rosendo de Mondoñedo acompañada polo ministro de Educación, o presidente da Xunta e o conselleiro de Educación.

A raiña contemplou como traballaban os alumnos de FP e despois, tras o protocolario acto inaugural, visitou unha exposición de proxectos innovadores de FP que desenvolven dez centros de Galicia interesándose polos detalles de todos eles. 

 

Video procedente de La Voz de Galicia