Taboleiro
Programa A Ponte da USC. Encontros virtuais 6, 7 e 8 de abril
Enviado por Admin o Mar, 31/03/2020 - 09:26A pesar da situación na que todos nos encontramos, a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non quere deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e está organizando os Encontros Virtuais orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.
Os Encontros Virtuais da USC, terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.
Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección
https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais
A través desta páxina os alumnos e alumnas encontrarán:
o Presentacións das titulacións
o Obradoiros, Retos, etc.
o Opinión de alumnos/as sobre a titulación
o Pílulas relacionadas coa titulación
o Concursos
o Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación
O estudantado terá un enlace para interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.
A Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) quere ser unha Universidade centrada nas persoas e quere atender as súas inquedanzas, ás súas expectativas, ... e comezar con elas un proxecto vital.
Os Encontros son unha mostra máis dunha universidade que se abre á sociedade para prestarlle un mellor servizo , aínda mais nestes momentos difíciles polos que estamos a pasar, nos que máis que nunca debemos facer comunidade de aprendizaxe coa sociedade civil.
Atención ao alumnado do IES San Rosendo de Mondoñedo durante o periodo de suspensión da actividade lectiva
Enviado por Admin o Mér, 18/03/2020 - 08:35
Silvia Fiallega falou sobre emigración no IES San Rosendo
Enviado por Admin o Mér, 19/02/2020 - 11:06
O mércores 19 de febreiro ás 10.20 horas Silvia Fiallega impartiu aos alumnos de bacharelato a charla «Galiza: emigración, memoria e identidade. Imaxinario e estereotipos da diáspora galega a América» dentro da exposición «Somos migrantes» patrocinada pola Deputación Provincial.
"Fai deporte" no IES San Rosendo de Mondoñedo
Enviado por Admin o Mér, 19/02/2020 - 11:01
O Concello de Mondoñedo organiza no instituto de Mondoñedo o proxecto Fai deporte, un proxecto de competicións deportivas de deportes de equipo, e deportes individuais que busca dinamizar os recreos do centro educativo.
Creouse unha páxina na internet onde os alumnos e alumnas do centro IES San Rosendo poden apuntarse ás competicións. É importante destacar que os deportes de equipo buscan a participación mixta dos mesmos.
A parte das competicións realizaranse concentracións ou convivencias con outros centros.
https://amariñaxa.com/2020/01/15/o-proxecto-fai-deporte-chega-ao-ies-san-rosendo-de-mondonedo/
MATERIAL CEDIDO POLA DEPUTACIÓN PARA CONTINUAR CO PROXECTO REBINXE
Enviado por Admin o Lun, 10/02/2020 - 13:17
Neste curso seguimos adiante coas investigacións sobre a biodiversidade na contorna da serra do Xistral a través do proxecto Rebinxe. Para iso, a Deputación de Lugo cedeunos 10 cámaras de fototrampeo que permitirán continuar e ampliar os traballos de seguimento de fauna realizados polo alumnado.
Dentro de Rebinxe hai abertas 3 liñas de traballo diferentes:
- Proxecto Cadullos (dende o 2017-2018)): Invesigación e fomento da presencia da fauna controladora de pragas fronte ao uso de biocidas nas explotacións agrícolas.
- O da la miúda (dende 2018- 2019): Estudo da distribución, fenoloxía e etoloxía do lobo na contorna do centro. Proposta de medidas preventivas e solucións para diminuír os ataques e reducir a conflitividade entre gandeiros/as e o animal.
- A compañía do da la miúda (dende 2019-2020): Organizado dentro do Club de Ciencia, o alumnado de 1º e 2º da ESO estuda a fauna silvestre da serra do Xistral e arredores, así como os principais ecosistemas que a sustentan.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »