Educación Física

Torneo de bádminton 1º trimestre, Setembro - Nadal 22

Ó  longo do primeiro trimestre o alumnado do Ies Río Cabe, tivo a oportunidade de participar nun torneo de bádminton que se levou a cabo durante o tempo de lecer.

Foron moitos os rapaces/as que xogaron e dedicaron o tempo do recreo a facer actividade física mediante o Bádminton.

No torneo por parellas, os gañadores da final xogada o 22-12-2022  foron Eric e Gabriel, de 3º da ESO, sendo finalistas Ximena e Íker,  gañadores deste mesmo torneo no curso pasado. Parabéns a todos eles!!

 

Charla nas ensinanzas deportivas

O luns 19 de decembro de 2022 no salón de actos do Ies Rio Cabe celebrouse unha charla sobre as regras de xogo do Fútbol a cargo de David Pérez Pallas (árbitro VAR 2a División) e Adrián (árbitro Asistente 2a División), de ascendencia monfortina.  Comezou ás 19h e rematou pasadas as 21h, o cal demostra o interese que suscitou entre os asistentes. 
Cabe destacar que o público foi moi heteroxéneo, xa que non so había adestradores e futuros técnicos  senón que tamén participaron xogadores de distintas idades e afeccionados/as.

     


Agradecer os árbitros que se desplazaron dende Vigo a dar a charla e a todas/os  os/as participantes.

Actividades na natureza - Bautismo Náutico en Castrelo de Miño

O pasado 7 de xuño o alumnado de 3º de ESO participou, acompañado de tres dos seus profesores,  nunha excursión a Castrelo de Miño para a práctica de deportes náuticos; o alumnado disfrutou dunha xornada lúdica practicando paddle-surf, wind-surf, kayak, vela e hidropedal.

 Estas xornadas buscan que os alumnos e alumnas fagan seus valores tales como o respecto ó entorno natural , o compañeirismo e o traballo en equipo.

   

 

 

 

 

 

 

Campionato de brilé

 

Durante o último mes de clase levouse a cabo no Río Cabe un campionato de brilé no que participaron alumnado e profesorado. Enmárcase dentro do Dafis, proxecto do departamento de Educación Física, dentro dos Plans Proxecta. 

 

Resultou gañadora a clase de 3º - A de ESO. Parabéns ós gañadores!!!!

 

 

“Educación para a saúde: prevención de condutas adictivas”

 

 O  IES Río Cabe ten o  pracer de convidalos á charla “Educación para a saúde: prevención de condutas adictivas”  que terá luga o próximo mércores, 8 de xuño, ás 20:00h no salón de actos do centro. A charla será impartida por Luísa Astray, educadora social  da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos.

 

Deporte no Cabe: xornadas de piragüismo

O pasado martes, 10 de maio, o club da nosa vila, Quixós, organizou unha agradable xornada de piragüismo para o noso alumnado de 4°ESO polo río Cabe.O día anterior, membros do club deron ó alumnado unha charla a e 2º ESO, (quen repetiu a xornada deportiva os días 18 e 20 de maio) para mostrarlles as nocións básicas sobre a práctica deste deporte.

Esta actividade está enmarcada dentro da campaña escolar "Deporte Educación", a través da colaboración da Deputación de Lugo, a Federación galega de piragüismo e o propio club, co fin de promocionar e difundir dita disciplina. A todos eles queremos agradecer a oportunidade que nos deron de probar un deporte tan completo e sobre todo, o esforzo e atención exquisita que nos dedicaron.

Podemos afirmar, vendo as caras do alumnado, que o obxectivo se cumpriu: todos gozaron da experiencia!!






 

 

 

Xornada de despedida en Valencia

Última xornada en Valencia para o noso alumnado do ciclo deportivo en fútbol, na que tamén estivo presente o director do instituto e profesor no ciclo, Carlos Parada.

 Comezaron o día con dúas  charlas de alto nivel.

 A primeira sobre nutrición deportivo, co especialista Jesús Sanchís: "10 claves sobre alimentación para mejorar la formación del jugador".

 A segunda co corpo técnico do Valencia CF feminino encabezado por Andrea Esteban que afondaron sobre diversos aspectos do xogo dende as ABP ate xestión do grupo.

 Pola tarde, poideron interactuar coa adestradora do feminino B , Natalia García, e o seu corpo técnico antes de empaparse da identidade do club con Urko Cherta.

 

 

 

 

Segunda xornada en Valencia

O alumnado do ciclo de técnico deportivo en fútbol vivenciaron hoxe outra intensa xornada de fútbol na cidade deportiva de Paterna.

Comezou a xornada matinal co visionado do adestramento do Xuvenil A do Valencia, acompañados do noso anfitrión, Miguel Alonso (xefe do departamento de preparación física).

Como xa é habitual, ao finalizar o adestramento puideron charlar co corpo técnico do equipo.

Comezaron a xornada de tarde presenciando unha reunión dos técnicos da base e finalizaron co visionado de diferentes adestramentos.

O alumnado do ciclo de fútbol visita o CF Valencia

O alumnado do ciclo de fútbol chegou, este luns 25 de abril, a Valencia, acompañado dun dos seus profesores, Gabriel, para visitar á cidade deportiva de Paterna. A viaxe organizouse co alumnado e profesorado do IES Universidade Laboral de Culleredo.

Na xornada da mañá de hoxe, martes 26, comezaron cunha visita ás instalacións e o  visionado dos adestramentos  do Valencia feminino, do xuvenil A e do Valencia Mestalla. 

Un momento destacado foi a charla a pé de campo co corpo técnico deste último:  Ángulo (adestrador), Raúl Pérez (2° adestrador) e Sergi Benet (PF).

Na xornada de tarde, comezaron coa ponencia por parte do departamento de Análise sobre o seu funcionamento. Finalizaron co visionado dos equipos de formación: dende os máis pequenos ate o xuvenil B.

 

Distribuir contido