Educación Física

Semana Branca 2015

Venres 23/01/2015: As 17:00 horas remataron a última xornada de esquí sen novidades. O autobús que os trae de retorno saldrá sobre as 20:30 - 21:00 horas, chegando a Monforte de Lemos as 9:00 horas aproximadamente. Aquí tedes a última foto de grupo na neve de Andorra:

 

Xoves 22/01/2015: Día soleado en Andorra, con moi boas condicións para a práctica do esquí. Todos os compoñentes da expedición "río cabense" evolucionan satisfactoriamente na práctica do esquí e a maior parte do alumnado asistirá a sesión nocturna no balneario de Caldea. Mañá máis !!!.

 

Mércores 21/01/2015: Terceiro día de esquí e todos van mellorando o seu nivel. Pola mañá fixo un día espléndido, pechándose o ceo un pouco pola tarde. Os profesores acompañantes informan de que non hai incidencias subliñables. Mañá máis !!!.

 

E logo da cea, celebración sorpresa do cumpreanos de Daniel Martínez Gil:

 

Martes 20/01/2015: Segundo día de esquí sen incidentes nin lesións nas pistas de "Soldeu El Tarter", tiveron un día de sol espléndido e pasárono xenial.

Luns 19/01/2015: Hoxe primeiro contacto coas pistas e primeiro día de esquí, sen lesións importantes e todo transcorreu segundo o previsto. Día no que pola tarde nevou pero seguiron esquiando. Mañá máis !!!.

 

Alumn@s de 3º de ESO e 1º BAC iniciaron a noite do sábado ao domingo 18 de xaneiro de 2015 a “Semana Branca en Andorra”.

A excursión está organizada polo Departamento de Educación Física. Os profesores acompañantes son Carlos Parada, profesor de Educación Física, xunto coa encargada da Biblioteca do centro e profesora de francés, Ana Rego.

A chegada a Andorra produciuse sen ningún contratempo e xa están instalados no Hotel Cosmos.

A volta está prevista para o vindeiro sábado 24 de xaneiro. Seguiremos informando desde esta páxina web do centro a medida que os profesores acompañantes manden máis información nos vindeiros días.

Visita aos "Cabalos de Fiolleda"

O pasado venres 24 de outubro o Departamento de Educación Física do centro organizou unha xornada de convivencia para os rapaces e rapazas de 1º ESO. A saída consistiu nunha visita áEl Rincón Finca El Carmen, en Fiolleda.

Os monitores explicaron aos alumnos as normas básicas de seguridade, pasearon ata o terreo onde viven os cabalos, coñeceron a forma de organizarse a manada, o seu comportamento, a alimentación, a obtención de recursos, a orde xerárquica, etc…. Tamén aprenderon como se leva a cabo o coidado dos cabalos e a preparación do equipo para montalos. Por último, montaron a cabalo na pista pechada cada un dos alumnos/as guiados cunha corda, con material de seguridade e sen perigo.

Tamén puideron practicar tiro con arco. A continuación, facendo click nalgunha das imaxes podedes acceder a unha pequena galería de fotos sobre a actividade:

Tamén tedes fotos da actividade no "FACEBOOK El Rincón de la Finca el Carmen".

Semana Branca 2014

Venres 24/01/2014: Onte os alumnos estiveron no balneario de Caldea e hoxe foi o último día de desfrute da neve e o esquí; recolleron e volven para Monforte, a onde chegaran sobre as 9:00 horas. Estás son as últimas fotos da Semana Branca do 2014:

 

 

 

 

Mércores 22/01/2014: O cansazo empeza a facer estragos entre os rapaces e rapazas e hoxe non podían coa alma, ademais caeu unha gran nevada pero puideron continuar coa xornada de esquí sen contratempos que salientar.

 

 

Martes 21/01/2014: Na xornada de hoxe  esquiaron sen incidentes nin lesións, tiveron un día de sol incrible e pasárono xenial. Polo serán, despois dunha dura e esgotadora xornada de esquí, foron a patinar sobre xeo a Canillo.

 

 

 

 

 

 

 

Un saúdo dos dous profesores acompañantes (Director e Xefe do Departamento de Educación Física) para toda a comunidade educativa.

 

 

 

Luns 20/01/2014: Hoxe primeiro contacto coas pistas e primeiro día de esquí, sen lesións e todo transcorreu segundo o previsto. A estas horas xa están de regreso no Hotel para deitarse cedo e recuperar forzas para afrontar a xornada de mañá. 

 

 

 

 

 

 

Alumn@s de 3º de ESO e 1º BAC iniciaron a noite do sábado ao domingo 19 de xaneiro de 2014 a “Semana Branca en Andorra”.

A excursión está organizada polo Departamento de Educación Física. Os profesores acompañantes son Carlos Parada, profesor de Educación Física, xunto co director do centro, Manuel Sánchez.

A chegada a Andorra produciuse sen ningún contratempo e xa están instalados no Hotel Cosmos. A estación onde esquiarán será no Vallnord, en concreto en Pal. 

A volta está prevista para o vindeiro sábado 25 de xaneiro. Seguiremos informando desde esta páxina web do centro a medida que os profesores acompañantes manden máis información nos vindeiros días.

 

Andorra

 


Semán Branca en Andorra - 2013

 

Dende os días 27 de Xaneiro a 1 de Febreiro, alumnos de 1 de BAC do centro, acompañados polo profesor de Educación Física, Carlos Parada, realizarán unha excursión a Andorra para aprender a esquiar.

Estarán aloxados no Hotel Cosmos, durante toda a semán en réxime de media pensión, e esquiarán na estación de Pal-Arinsal, situado no Vall Nord de Andorra.

Igualmente, os alumnos terán a posibilidade de realizar actividades de patinaxe sobre o xeo e asistir ao balneario de Caldea.

A saída efectuarase o sábado 26 de xaneiro, ás 23:30 horas, concentrados na entrada do instituto.

Ao longo da súa estancia en Andorra, iremos informando das actividades que se vaian realizando.

  • Luns 28:
    Primeiro dia de neve na estación de pal en Andorra. Pola mañá as condicións atmosféricas non axudaron moito, pois logo do almorzo cando saímos a rúa démonos conta de que estaba a nevar, algo que fixo case toda a mañá. Nas zonas máis altas da estación incluso facía vento. Pola tarde mellorou e puidose esquiar con sol e temperatura agradable.

    A maior parte dos rapaces xa escomenzan a baixar polas pistas máis doadas. Non houbo ningunha incidencia a suliñar, agás o cansanzo a unha dura xornada que comenzou á hora de erguerse...as 7.30h Andorranas.

 

 

  • Martes 29: Segundo día de esqui en Andorra. As condicións climatolóxicas melloraron e xa puidemos esquiar con sol durante todo o día. Todos @s alumn@s seguen a mellorar a súa execución técnica e as caras de alegría e cansanzo ó final da xornada erán evidentes.Mañá estaremos no ecuador da viaxe e seguiremos informando.

 

 

 

 

 

 

  • Xoves 31: Dia soleado por Andorra e cunha boa xornada de esquí. Tod@s os alumn@s esquian sen grandes dificultades polas pistas que se corresponden co nivel no que se atopan. O venres será a última xornada desta semana branca 2013.


Semana Branca en Andorra 2012

Dende o día 21 ata o día 28 do mes xaneiro de 2012, alumnos de 1º de BAC do centro, acompañados polo profesor de educación física, Carlos Parada, e o vicedirector, Manuel Sánchez, realizaron a saída a Andorra para participar nas actividades da neve. Se picas na imaxe, podes acceder á galería fotográfica:

 


Semán Branca 2012 en Andorra

Alumn@s de 1º BAC do IES Río Cabe inician o sábado 21 de xaneiro de 2012, ás 23.59 horas da noite, a Semana Branca en Andorra, coa saída da estación de autobuses en Monforte de Lemos.

A excursión está organizada polo Departamento de Educación Física. Os profesores acompañantes será Carlos Parada, profesor de Educación Física, xunto co vicedirector do centro, Manuel Sánchez.

A chegada a Andorra está prevista para a media mañá do domingo día 22. A estación onde esquiarán será no Vallnord, en concreto en Pal. O hotel onde quedarán aloxados os alumnos e alumnas xunto cos profesores acompañantes será no Cosmos, situado no centro de Andorra.
A volta está prevista para o vindeiro sábado 28 de xaneiro.

Seguiremos informando dende ésta páxina web do centro a medida que os profesores acompañantes manden máis información.

Dende o centro desexámoslle unha boa viaxe.

 

  • 22 de xaneiro: Os alumnos e alumnas xunto cos profesores acompañantes xa chegaron a Andorra e foron directamente ao hotel Cosmos. Xa recolleron o material na estación de Pal e agora pola noite atópanse ceando e vendo o partido de futbol que están a emitir na televisión. De seguido poñemos unha foto de totdos eles á súa chegada.

 

  • 23 e 24 de Xaneiro: Segundo informan os profesores acompañantes, os rapaces estiveron esquiando nas pistas habilitadas, sen apenas contratempos, salvo algunha pequena contusión sen importancia.

 

 

 

  • 25 de Xaneiro: Neste día, os alumnos estiveron a esquiar nas pistas sobre as 5:30, e, posteriormente acompañados polos profesores, achegáronse ata o palacio de xeo de canillo para patinar durante un rato. Debaixo aparecen dúasfotos das actividades deste día.

 

    


Blog do departamento de Educación Física

No mes de abril, os compañeiros do departamento de educación física crearon un blog, que podes ver picando na imaxe. Bótalle unha ollada!

 


 

 

Distribuir contido