Semán Branca 2012 en Andorra

Alumn@s de 1º BAC do IES Río Cabe inician o sábado 21 de xaneiro de 2012, ás 23.59 horas da noite, a Semana Branca en Andorra, coa saída da estación de autobuses en Monforte de Lemos.

A excursión está organizada polo Departamento de Educación Física. Os profesores acompañantes será Carlos Parada, profesor de Educación Física, xunto co vicedirector do centro, Manuel Sánchez.

A chegada a Andorra está prevista para a media mañá do domingo día 22. A estación onde esquiarán será no Vallnord, en concreto en Pal. O hotel onde quedarán aloxados os alumnos e alumnas xunto cos profesores acompañantes será no Cosmos, situado no centro de Andorra.
A volta está prevista para o vindeiro sábado 28 de xaneiro.

Seguiremos informando dende ésta páxina web do centro a medida que os profesores acompañantes manden máis información.

Dende o centro desexámoslle unha boa viaxe.

 

  • 22 de xaneiro: Os alumnos e alumnas xunto cos profesores acompañantes xa chegaron a Andorra e foron directamente ao hotel Cosmos. Xa recolleron o material na estación de Pal e agora pola noite atópanse ceando e vendo o partido de futbol que están a emitir na televisión. De seguido poñemos unha foto de totdos eles á súa chegada.

 

  • 23 e 24 de Xaneiro: Segundo informan os profesores acompañantes, os rapaces estiveron esquiando nas pistas habilitadas, sen apenas contratempos, salvo algunha pequena contusión sen importancia.

 

 

 

  • 25 de Xaneiro: Neste día, os alumnos estiveron a esquiar nas pistas sobre as 5:30, e, posteriormente acompañados polos profesores, achegáronse ata o palacio de xeo de canillo para patinar durante un rato. Debaixo aparecen dúasfotos das actividades deste día.