Semán Branca en Andorra - 2013

 

Dende os días 27 de Xaneiro a 1 de Febreiro, alumnos de 1 de BAC do centro, acompañados polo profesor de Educación Física, Carlos Parada, realizarán unha excursión a Andorra para aprender a esquiar.

Estarán aloxados no Hotel Cosmos, durante toda a semán en réxime de media pensión, e esquiarán na estación de Pal-Arinsal, situado no Vall Nord de Andorra.

Igualmente, os alumnos terán a posibilidade de realizar actividades de patinaxe sobre o xeo e asistir ao balneario de Caldea.

A saída efectuarase o sábado 26 de xaneiro, ás 23:30 horas, concentrados na entrada do instituto.

Ao longo da súa estancia en Andorra, iremos informando das actividades que se vaian realizando.

  • Luns 28:
    Primeiro dia de neve na estación de pal en Andorra. Pola mañá as condicións atmosféricas non axudaron moito, pois logo do almorzo cando saímos a rúa démonos conta de que estaba a nevar, algo que fixo case toda a mañá. Nas zonas máis altas da estación incluso facía vento. Pola tarde mellorou e puidose esquiar con sol e temperatura agradable.

    A maior parte dos rapaces xa escomenzan a baixar polas pistas máis doadas. Non houbo ningunha incidencia a suliñar, agás o cansanzo a unha dura xornada que comenzou á hora de erguerse...as 7.30h Andorranas.

 

 

  • Martes 29: Segundo día de esqui en Andorra. As condicións climatolóxicas melloraron e xa puidemos esquiar con sol durante todo o día. Todos @s alumn@s seguen a mellorar a súa execución técnica e as caras de alegría e cansanzo ó final da xornada erán evidentes.Mañá estaremos no ecuador da viaxe e seguiremos informando.

 

 

 

 

 

 

  • Xoves 31: Dia soleado por Andorra e cunha boa xornada de esquí. Tod@s os alumn@s esquian sen grandes dificultades polas pistas que se corresponden co nivel no que se atopan. O venres será a última xornada desta semana branca 2013.