O alumnado do ciclo de fútbol visita o CF Valencia

O alumnado do ciclo de fútbol chegou, este luns 25 de abril, a Valencia, acompañado dun dos seus profesores, Gabriel, para visitar á cidade deportiva de Paterna. A viaxe organizouse co alumnado e profesorado do IES Universidade Laboral de Culleredo.

Na xornada da mañá de hoxe, martes 26, comezaron cunha visita ás instalacións e o  visionado dos adestramentos  do Valencia feminino, do xuvenil A e do Valencia Mestalla. 

Un momento destacado foi a charla a pé de campo co corpo técnico deste último:  Ángulo (adestrador), Raúl Pérez (2° adestrador) e Sergi Benet (PF).

Na xornada de tarde, comezaron coa ponencia por parte do departamento de Análise sobre o seu funcionamento. Finalizaron co visionado dos equipos de formación: dende os máis pequenos ate o xuvenil B.