Curso 2017/18

Conferencia sobre o acceso ás Forzas Armadas

O xoves 1 de marzo tivo lugar unha conferencia para o alumnado de 4º ESO e 1º BAC sobre como acceder ás Forzas Armadas e os diferentes postos de traballo que se poden desempeñar nas mesmas.

Álbum: Escolares -> Conferencia Fuerzas Armadas

Día de Rosalía de Castro - 2018

O luns 26 de febreiro, 7 alumnos/as do Programa de Mellora da Aprendizaxe e o Rendemento de 2º de ESO participaron na lectura do poemario de Rosalía de Castro. Este acto estivo organizado polo Concello de Monforte de Lemos e desenvolveuse na Biblioteca Municipal.

Facendo click na seguinte imaxe accédese a unha pequena galería de fotos da actividade:

Álbum: Escolares -> Día de Rosalía 2018

Baile de Disfraces - Carnaval 2018

O venres, día 9 de febreiro, tivo lugar no salón de actos do Instituto a quinta edición do concurso de disfraces para ir "quentando motores" cara o Carnaval. No presente curso, cada clase preparou unha coreografía e posta en escea do tema que previo sorteo lle foi asignado (todos eles relacionados cos "debuxos animados"), e así foron desfilando, bailando e interpretando todo o alumnado e profesorado nun ambiente de festa e diversión.

O primeiro premio foi compartido entre "Monster High" e "Inazuma Eleven", mentres que o segundo premio correspondeu a "Dora la Exploradora". Por último, o premio do público recaeu en "Las supernenas".

Facendo click na seguinte imaxe accédese a algunhas fotos do festival e das mácaras expostas na entrada do centro, elaboradas polo profesor Bernardino Cerviño Castro e o seu alumnado de Educación Plástica e Visual:

Álbum: Escolares -> Carnaval 2018

O día da Candelaria 2018 (La Chandeleur)

O 2 de febreiro, é a Candelaria ou "La Chandeleur" en Francia. A festa das candeas celébrase en Francia cociñando crêpes e disfrutándoas coa familia e os amigos, tamén nos colexios e institutos.

O alumnado de 4º de ESO propuxeronnos que coñezamos un pouco mellor esta tradición francesa e nos sumamos a mesma comendo crêpes no tempo de lecer do venres 2 de febreiro na entrada do centro:

Álbum: Escolares -> Candelaria 2018

Alumnado de 1º de bacharelato no teatro: "La vida es sueño"

O Mércores 31 de xaneiro o alumnado de 1º curso de bacharelato asistiu no Teatro Principal de Ourense á representación da obra de teatro de Calderón de la Barca "La vida es sueño".

Segundo manifestaron os alumnos/as e as profesoras de lingua castelá acompañantes, Fe Cortiñas e Beatriz López González, quedaron totalmente convencidos de que era completamente certo o de que a vida é un sono.

Álbum: Extraescolares -> Teatro: La vida es Sueño

Viaxe ao Belén de Begonte do alumnado de 1º e 2º de ESO

No día de hoxe, xoves 18 de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de ESO do IES Río Cabe realizou unha viaxe a Begonte e a Lugo. Á primeira hora visitaron o Belén de Begonte, declarado de interese turístico galego, con multitude de figuras móbiles e no que se representan varios fenómenos atmosféricos (neve, tormentas...).

A continuación desprazáronse á Catedral de Lugo para visitar o museo catedralicio e subir ás torres, desde as que se contemplan unhas magníficas vistas da catedral, da muralla e da cidade de Lugo. Despois de facer unha parada para comer, visitaron o Centro de Interpretación da Muralla, para volver a continuación a Monforte de Lemos.

Resultou unha visita moi entretida e interesante para todo o alumnado, que foron acompañados pola profesora de Relixión do centro e organizadora da actividade, Ángeles Vázquez, e a profesora de lingua galega Luz Díaz.

Álbum: Extraescolares -> Begonte 2018

Alumnado do IES Río Cabe na Olimpíada de Bioloxía

O venres 12 de xaneiro 4 alumnos/as de 2º de bacharelato asistiron á XIII Olimpíada de Bioloxía  na súa Fase Autonómica Galega celebrada este ano na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo. Os nosos representantes na antedita Olimpíada foron: Andrea López da Costa, Jose Manuel López González, Antonio López Sampayo e Iria Rodríguez Vázquez.

Participaron un total de 105 estudantes de 31 centros de secundaria da comunidade autónoma galega. O alumnado enfrentouse a diferentes probas de nivel, tanto teóricas como prácticas. A competición foi organizada pola Asociación da Olimpíada Española de Biología (OEB), e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) en colaboración coas tres universidades galegas, tendo como obxectivo fomentar os estudos relacionados coa Bioloxía e promover o interese pola investigación científica entre os participantes.

Pola mañá o alumnado someteuse a unha proba teórica tipo test sobre os contidos de Bioloxía da ESO, 1º e 2º de Bacharelato, e por primeira vez na fase galega, realizaron varias prácticasde laboratorio, o que lles permitiu coñecer as instalacións da Facultade. Xa pola tarde asistiron a unha conferencia sobre “Colonización e dispersión de poboacións periféricas: o caso das aves mariñas en Galicia” a cargo do profesor doutor  Alberto Velando da Universidade de Vigo. Como remate da xornada tivo lugar a entrega de diplomas a todos os participantes e aos tres finalistas que acudirán á Fase Nacional, aos que dende aquí lle damos os nosos parabéns. O profesorado acompañante tamén tivo a oportunidade de asistir a varias charlas de actualización científica por parte de prestixiosos investigadores de dita Universidade

En palabras do alumnado participante do noso centro, a Olimpíada foi “unha experiencia única” e “inesquecíbel” que lles permitiu “coñecer a moitos estudantes de todas as partes de Galicia” cos que probablemente coincidirán o vindeiro curso, xa como universitarios. E máis alá do resultado final “séntense gañadores por participar” e “animados a seguir perseguindo os seus obxectivos profesionais”.

Álbum: Extraescolares -> Olimpíada de Bioloxía 2018

Alumnado de 3º ESO no teatro en Santiago

O alumnado de 3º ESO asistiu o venres 12 de xaneiro a un espectáculo teatral titulado "Requiem por un monicreque" da compañía Os monicreques de Kukas.

Ao rematar a función fixeron unha visita guiada e didáctica ao Monte Gaiás e a Cidade da Cultura de Galicia. Antes de regresar a Monforte tiveron ocasión de xantar no Centro Comercial "As Cancelas" e facer algunha que outra compra.

Clickando na seguinte imaxe accédese a algunhas fotografías da excursión:

Álbum: Extraescolares -> Monicreques de Kukas - 3º ESO

Alumnado da ESA no Pazo de Tor e o Ecomuseo de Arxeriz

Onte, martes 19 de decembro, o alumnado da Educación Secundaria de Adultos fixeron unha saída polo serán ao Pazo de Tor e ao Ecomuseo de Arxeriz, acompañados polos profesores Xurxo Regueiro e Patricia Barrientos. Dende o centro damos as grazas aos guías que nos acompañaron nos dous lugares e moi especialmente a nosa alumna do Ciclo Superior de Turismo Daniela Vázquez Arias, que fixo un gran de traballo de guía no Ecomuseo.

Visita á fábrica de calzado de Ramón Pérez González

O dia 19 de decembro o alumnado da materia de economía de 4º ESO visitamos a fábrica de calzado de Ramón Pérez González, no barrio das Cruzes de Monforte.

Ramón agasallou-nos coa sua simpatía e ensinou-nos todo o proceso de elaboración de zapatos grazas á maquinaria que ainda conserva. Ademais das pezas de coleción, entre elas a sua maqueta do ferrocarril con edificios senlleiros da nosa localidade.

Distribuir contido