Curso 2017/18

Alumnado da ESA practicando inglés fora da aula

Día 18 de abril de 2018, por primeira vez levamos aos alumnos da ESA a practicar inglés fora da aula e dun xeito moi ameno, aprendendo a facer unha receta inglesa típica: Toad in the hole.
 
É de agradecer que a profesora de inglés da EOI de Monforte, Lara, invitounos a duas actividades moi interesantes, ésta que estamos a describir e outra da que daremos conta a semana próxima.
 
Os rapaces e rapazas iban a priori bastante nerviosos, pero encontráronse cun ambiente moi distendido e cordial, unha señora inglesa moi xovial e agradable, e como podedes ver nas fotos pasarono moi ben dándolle ao batidor manual, nada de trebellos eléctricos, jeje.
 
Deíxovos a receta por escrito, un vídeo no que a señora inglesa da conta da orixe da receita e do seu orixinal nome, así como dous vídeos máis nos que podedes aprender a cociñar e practicar o voso inglés.
Saudable non é, para qué nos imos enganar, pero unha vez ao ano....
 
 
Saúdos desde o tan gratificante mundo da ensinanza nocturna, onde o nivel académico non é alto, pero o humano é estratosférico!
Álbum: Escolares -> Inglés ESA 2018

Alumnado de 4º ESO no teatro: "Bodas de sangre"

O alumnado de 4º ESO asistiu en Ourense, o xoves 19 de abril, á magnífica representación de Bodas de sangre de Lorca, feita pola compañía Teatro el Repartidor. A obra non lles defraudou, xa que ao baixar o telón a sala estalou en aplausos.

Concerto didáctico de percusión en Lugo

O xoves, 12 de abril, o alumnado de Música de 4º de ESO e 1º de BAC  viaxou a Lugo para asistir  a un concerto didáctico de percusión e danza contemporánea  no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) presentado polo compositor galego Fernando Builde del Real.
Foi un  espectáculo de música e danza, Orixes,  concibido en dúas metades na que catro pezas populares e outras tantas contemporáneas refléxanse mutuamente a través dun espello do tempo, na procura de que unhas encontren nas outras as súas raíces.

Actividade de formación en igualdade para 2º e 3º de ESO

Paula Sánchez, psicóloga experta en formación en temas de igualdade, estivo hoxe (martes 11 de abril) no noso centro cun grupo de alumnos e alumnas de 2º e 3º de ESO coa actividade Mellorando en Igualdade, que pretende que o alumnado asistente adquira ferramentas para identificar os aspectos sexistas e promover formas adecuadas de relación, empregando unha metodoloxía participativa, aberta, activa e práctica.

Álbum: Escolares -> Mellorando en Igualdade

Final galega do VI Rally Matemático sen Fronteiras: ¡¡¡Campións!!!

Un grupo de oito alumnos/as de 3º de ESO do IES Río Cabe participaron o luns día 9 de abril na final galega do VI Rally Matemático sen Fronteiras. Xa era todo un éxito estar entre os 3 finalistas galegos desta competición, pero non se conformaron con ese logro senón que resultaron gañadores na súa categoría e polo tanto clasifícanse para a final internacional que terá lugar en Toulouse no mes de Maio.

Os oito campións e campioas que conformaron o equipo que representou ao IES Río Cabe nesta competición son os seguintes:

López Moral, Carlos

López Vázquez, Samanta

Rodríguez Rodríguez, Brais

Rodríguez Traveso, Pablo

Sánchez López, Juan

Sánchez Touzón, Manuel

Vázquez Pérez, Jaime

Willmott Pérez, Eva

Todos eles mostráronse moi satisfeitos por ter acadado este logro inimaxinable e vivir esta experiencia, que fomenta o traballo en equipo e promove as Matemáticas entre os estudantes. A proba tivo lugar na facultade de Química de Santiago de Compostela e pola tarde aproveitaron para visitar o observatorio astronómico Ramón María Aller, a Catedral, a Alameda ou outros lugares emblemáticos da capital de Galicia.

Agora a esperar a súa participación na final internacional de Toulouse e felicidades polo traballo e os logros conseguidos.

Álbum: Extraescolares -> VI Rally Matemático - Final Galega

Día da Árbore 2018

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Monforte de Lemos, convocou a tódolos centros de ensinanza, Primaria, Secundaria e Educación Especial, no parque de Cobas-Pinguela hoxe 21 de marzo para conmemorar o Día da Árbore. Do IES Río Cabe asistíu o alumnado do Programa de Mellora da Aprendizaxe e o Rendemento de 2º e 3º ESO acompañados polo profesor de educación plástica e visual, Manuel Sánchez Seco.

Facendo click na seguinte imaxe do grupo de alumnado, podemos acceder a unha pequena galería do acto de prantación de diferentes especies arboreas:

Álbum: Escolares -> Día da Árbore 2018

Intercambio Cultural con Francia 2018

O Departameto de Francés do instituto, organiza o tradicional intercambio con alumnado de Francia. A diferencia de cursos anteriores, o intercambio prodúcese con alumnos/as do Instituto Édouard Branly, na vila de Chatellerault, departamento de Vienne, cerca de Poitiers.

O alumnado do IES Río Cabe e do IES A Pinguela están durante esta semana en Francia, acompañados polos profesores deste centro, Mª Pilar Rodríguez Vidal, David Gómez Lago e Ana Rego García.

Posteriormente, alumnos do centro francés estarán unha semana convivindo cos nosos alumnos en Monforte de Lemos, visitando a zona.

Picando na imaxe, pódese acceder á galería de fotos do intercambio, que a iremos actualizando coas imaxes que envíen os profesores:

Álbum: Extraescolares -> Francia 2018

Visita a Pontevedra do alumnado de 2º ESO e 2º BAC

O alumnado de 2º de ESO e de Debuxo Técnico de 2º de BAC viaxou o xoves 15 de marzo á cidade de Pontevedra.

Pola mañá fixeron unha visita guiada polo Museo de Pontevedra, onde o alumnado puido facer un percorrido polas primeiras manifestacións artísticas dende a Prehistoria ata o século XX.

Pola tarde o alumnado de Debuxo Técnico de 2º de BAC levou a cabo un obradoiro de debuxo ao natural percorrendo o conxunto monumental da cidade recollendo información dos principais edificios históricos mediante a realización de bosquexos e fotografías.

O alumnado de 2º de ESO fixo unha visita ao Centro de Recursos Educativos da ONCE onde realizaron distintos obradoiros de sensibilización consistentes na realización de escritos empregando a máquina Perkins, en técnicas de axuda nos desprazamentos das persoas cegas, na visita aos talleres de impresión de libros en Braille e láminas en relevo (dos que trouxemos mostras) e na exploración dos diferentes materiais empregados para dar a coñecer o mundo ao alumnado cego dende infantil a secundaria e a explicación dos medios informáticos.

Álbum: Extraescolares -> Pontevedra: 2 ESO e 2 BAC

VI Rally científico e matemático sen fronteiras

Na tarde do martes 13 de marzo, preto de corenta alumnos de 3º e 4º de ESO participaron no VI Rally Científico Matemático.

Durante unha hora reuníronse, nas súas respectivas aulas, os cinco grupos participantes para intentar resolver con éxito os cinco problemas da materia de matemáticas propostos polos organizadores do concurso.

Se conseguen superar esta fase de centro disputarán a final galega en Santiago de Compostela. Os gañadores desta última competirán na superfinal internacional de Toulouse.

¡Moita sorte ao noso alumnado e felicidades polo traballo desenvolvido!

Álbum: Extraescolares -> VI Rally Matemático

Alumnado de francés no Teatro Principal de Ourense

O mércores, 7 de marzo, o alumnado da materia de francés de 3º, 4º de ESO e 1º de BAC, asistiu a unha obra de teatro en francés, no Teatro Principal de Ourense, Le bourgeois gentilhomme de Molière.

Esta obra é unha comedia que narra as peripecias do señor Jourdain, un burgués obsesionado por aparentar ser un noble aristócrata. De xeito irónico e crítico, a obra destaca o engano, a hipocresía e a apariencia da clase social chamada “novos ricos”, que continua tendo sentido e vixencia na actualidade.

A representación levouse a cabo pola compañía teatral para esolares "Eina de Escola", e acudiron a Ourense acompañados polas profesoras Pilar Rodríguez Vidal e Carmen Quiroga González.

Distribuir contido