Final galega do VI Rally Matemático sen Fronteiras: ¡¡¡Campións!!!

Un grupo de oito alumnos/as de 3º de ESO do IES Río Cabe participaron o luns día 9 de abril na final galega do VI Rally Matemático sen Fronteiras. Xa era todo un éxito estar entre os 3 finalistas galegos desta competición, pero non se conformaron con ese logro senón que resultaron gañadores na súa categoría e polo tanto clasifícanse para a final internacional que terá lugar en Toulouse no mes de Maio.

Os oito campións e campioas que conformaron o equipo que representou ao IES Río Cabe nesta competición son os seguintes:

López Moral, Carlos

López Vázquez, Samanta

Rodríguez Rodríguez, Brais

Rodríguez Traveso, Pablo

Sánchez López, Juan

Sánchez Touzón, Manuel

Vázquez Pérez, Jaime

Willmott Pérez, Eva

Todos eles mostráronse moi satisfeitos por ter acadado este logro inimaxinable e vivir esta experiencia, que fomenta o traballo en equipo e promove as Matemáticas entre os estudantes. A proba tivo lugar na facultade de Química de Santiago de Compostela e pola tarde aproveitaron para visitar o observatorio astronómico Ramón María Aller, a Catedral, a Alameda ou outros lugares emblemáticos da capital de Galicia.

Agora a esperar a súa participación na final internacional de Toulouse e felicidades polo traballo e os logros conseguidos.

Álbum: Extraescolares -> VI Rally Matemático - Final Galega