Alumnado de francés no Teatro Principal de Ourense

O mércores, 7 de marzo, o alumnado da materia de francés de 3º, 4º de ESO e 1º de BAC, asistiu a unha obra de teatro en francés, no Teatro Principal de Ourense, Le bourgeois gentilhomme de Molière.

Esta obra é unha comedia que narra as peripecias do señor Jourdain, un burgués obsesionado por aparentar ser un noble aristócrata. De xeito irónico e crítico, a obra destaca o engano, a hipocresía e a apariencia da clase social chamada “novos ricos”, que continua tendo sentido e vixencia na actualidade.

A representación levouse a cabo pola compañía teatral para esolares "Eina de Escola", e acudiron a Ourense acompañados polas profesoras Pilar Rodríguez Vidal e Carmen Quiroga González.