Viaxe ao Belén de Begonte do alumnado de 1º e 2º de ESO

No día de hoxe, xoves 18 de xaneiro, o alumnado de 1º e 2º de ESO do IES Río Cabe realizou unha viaxe a Begonte e a Lugo. Á primeira hora visitaron o Belén de Begonte, declarado de interese turístico galego, con multitude de figuras móbiles e no que se representan varios fenómenos atmosféricos (neve, tormentas...).

A continuación desprazáronse á Catedral de Lugo para visitar o museo catedralicio e subir ás torres, desde as que se contemplan unhas magníficas vistas da catedral, da muralla e da cidade de Lugo. Despois de facer unha parada para comer, visitaron o Centro de Interpretación da Muralla, para volver a continuación a Monforte de Lemos.

Resultou unha visita moi entretida e interesante para todo o alumnado, que foron acompañados pola profesora de Relixión do centro e organizadora da actividade, Ángeles Vázquez, e a profesora de lingua galega Luz Díaz.

Álbum: Extraescolares -> Begonte 2018