- 1º premio (100 €): Sarai Outeiral Ces – IES Praia Barraña, Boiro, España
- 2º premio (75 €): Mariana Pinto e Rita Vieira – Escola secundaria Carlos Amarante, Braga, Portugal
- 3º premio (50 €): Raúl Cañas Sáez- IES Rey Don García, Nájera, España
- Accésit (30 €): Reverdito- Liceo Classico S. C. Calasanzio, Italia
- Accésit (30 €): Pereira Grille, Junior- IES Maximino Romero de Lema, Zas, España
- Accésit (30 €): Ilona Kolbyko- Gimnazjum nr 3 w Lublini, Polonia
- Accésit (30 €): Marialnés Mirás Otero, IES San Clemente, Santiago de Compostela, España
- Accésit (30 €): Adriana Rodríguez Meniño, IES Pontepedriña, Santiago de compostela, España
Miranda Carou Laíño, Jorge Hermo González, Pablo Manuel Piñeiro Insua e Marina Ramallo Blanco, alumnos de 2º de bacharelato do IES Praia Barraña de Boiro participaron o pasado venres 18 de xaneiro na fase galega da LV edición da Olimpíada Matemática Española.
A proba celebrouse na facultade de Matemáticas de Santiago de Compostela. 107 alumnos e alumnas de centros de toda Galicia enfrontáronse a seis problemas repartidos en dúas sesións de 3 horas e media, unha pola mañá e outra pola tarde. Os tres mellores pasan a formar parte do equipo galego na fase estatal.
O gran labor da organización, co profesor Felipe Gago Couso, permitiu que os premios se entregasen esa mesma noite. Marina Ramallo Blanco, quen cursou a ESO no IES A Cachada, recibiu unha das dez mencións de honra e Pablo Manuel Piñeiro Insua acadou o 3º premio nesta edición da fase galega.
Este 3º premio supón a súa partipación na LV Olimpiada Matemática Española formando parte do equipo galego xunto con Júlia Misaki Anguera Zemba do IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo e Roi Vence Nogueira do IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela. Este ano, a fase estatal da Olimpíada Matemática terá lugar en Ourense do 21 a 24 de marzo.
Pode atoparse máis información da olimpíada en http://www.usc.es/olympia/news.htm