Skip to Content

Euroscola 2013: TicBoiro equipo gañador

O IES Praia Barraña de Boiro gaña o concurso "Euroscola".

O equipo TicBoiro deste instituto é un dos dez finalistas de España, o que permitirá aos seus compoñentes converterse en eurodeputados por un día na sede do Parlamento Europeo en Estrasburgo. Os alumnos compartirán esta experiencia con outros mozos seleccionados dos outros estados membros da Unión Europea. A viaxe terá lugar en febreiro do 2014. Todo o traballo realizado está no blogue TicBoiro.

 Entrega de premios Euroscola

Entrega de premios (Xunta de Galicia, Outubro 2013)

 O alumnado gañador co alcade de Boiro

Alumnado do IES Praia Barraña co alcalde (Boiro, Maio 2013)



page | by Dr. Radut