Skip to Content

Erasmus + 2018 - 2020

Día 17 de xuño pola tarde. Presentación dos traballos

Presentamos o vídeo realizado po Pury e os seus alumnos e alumnas, baseado na novela Make lemonade de Vitrginia E. Wolf.

Día 17 de xuño. Unha mañá na Bellahoj skole

Durante a mañá do luns participamos nas actividades da escola Bellahoj, asistimos ás clases e realizamos un percorrido polas súas instalacións. Se queredes ver as fotos só tedes que picar no seguinte enlace.

Día 16 de xuño. Chegada a Copenhague

Despois dunha longa pero tranquila viaxe, chegamos ao aeroporto de Copenhague onde a coordinadora do proxecto, Mette Freiesleben nos estaba esperando, xunto coa súa compañeira Mette. Algunhas familias xa esperaban no aeroporto, pero a maioría agardaba no colexio Bellahoj Skole. Foi un día moi emocionante para todo o alumnado. Por fin Ían coñecer aos seus compañeiros e compañeiras de intercambio.

 

 

O Proxecto Erasmus plus do noso Centro: "A importancia da Educación e a Historia"

 

Durante os vindeiros dous cursos o IES Praia Barraña vai participar nun proxecto Erasmus plus de intercambio escolar co colexio Bellahoj Skole de Copenhague (Dinamarca).

O proxecto está dirixido ao alumnado de 3º de ESO, pero esperamos que teña un impacto positivo en  todos os membros de ambas comunidades educativas 

O título do noso proxecto "A importancia da Educación e a Historia" resume a nosa motivación para levalo a cabo.

Durante o presente curso centrámonos na importancia da educación.

Queremos que antes de rematar o seu período de escolarización obrigatoria os nosos alumnos e alumnas comprendan a verdadeira importancia que a educación ten, non so neste momento das súas vidas, senón tamén, e moi especialmente, no  seu futuro.

O noso obxectivo principal é que cando deixen o noso Centro teñan completado os seus estudos e teñan claro o seu itinerario formativo posterior, ben sexa a través da Formación Profesional de Grao Medio ou de Grao Superior ou ben da Formación Universitaria.

Tamén queremos que sexan conscientes da importancia que ten na vida dos nenos e as nenas a crianza e a educación que reciben. Que entendan todo o que se necesita para conseguilo, que comprendan a responsabilidade que supón e que valoren o esforzo que realizan as súas familias para levar a cabo a difícil tarefa de sacalos adiante e educalos.

Así mesmo imos reflexionar sobre a influencia que o lugar de nacemento ten na vida das persoas.

De aí que consideremos fundamental coñecer mellor un período moi duro e especial da historia europea, as décadas dos anos 30 e 40 do século XX, e a súa trascendencia tanto para Dinamarca como para España e o resto de Europa.

A amizade, o bo entendemento, o intercambio cultural entre países da Unión Europea e a mellora no dominio da lingua inglesa, tamén son obxectivos do noso proxecto.

 

 

 

Como coordinadora do proxecto no IES Praia Barraña, estarei encantada de resolver calquera dúbida que teñades sobre o desenvolvemento do mesmo.

Ana Isabel Urbieta Balado 

Distribuir contido


by Dr. Radut