Skip to Content

DÍA DE ROSALÍA

24/02/2024 16:21

 

No IES Porto do Son celebramos o DÍA DE ROSALÍA, a conmemoración do 187 aniversario do seu nacemento, o 23 DE FEBREIRO de 1837. Levamos a cabo moitas actividades para poñer en valor a gran figura das nosas letras, referente indispensable da nosa cultura. Realizamos varias exposicións, recreacións de poemas de Rosalía do alumnado de 3ª da ESO, mostra de obras da autora e de poetas que seguen o ronsel rosaliano etc. Durante os dous recreos, na entrada do centro e na biblioteca, puidemos escoitar a varios artistas que musican a Rosalía. Ademais, fixemos chegar a autora a todas as aulas a través de actividades e dispuxemos dunha sección de poemas para levar, facendo deste xeito que Rosalía acompañe o noso alumando alén do noso centro.

Máis fotos AQUÍ

CAMPIONATO ZONAL ORIENTACIÓN

22/02/2024 23:23

Durante a mañá do mércores 21 de febreiro algúns alumnos de 2º, 3º e 4º de ESO participaron na primeira proba do circuíto de deporte escolar na modalidade de Orientación clasificatoria para a fase provincial no campo de fútbol de San Lázaro en Noia.

 

 

 Para ver fotos dos clasificados, pulsar AQUÍ

 

 

NO IES DE PORTO DO SON TAMÉN SE FALA GALEGO!!

04/02/2024 16:54

O IES de Porto do Son participa na Campaña de Dinamización Lingüística da mocidade estudantil, con accións directas na contorna do alumnado:

AQUÍ TAMÉN SE FALA GALEGO! https://aquitamensefala.com/

Durante o mes de xaneiro o alumnado e o profesorado colaboraron na difusión da campaña do noso centro. Actualmente os/as alumnos/as participan de forma activa coma normalizadores/as lingüísticos/as levando os carteis do IES de Porto do Son por toda a súa contorna.

Moitas grazas a todos e todas pola vosa implicación e pola boa acollida desta campaña en todo o Concello!!

ENLACE PARA FOTOS

ENLACE PARA VÍDEOS

SAN VALENTÍN

08/02/2024 22:51

O IES de Porto do Son preparouse para recibir a San Valentín!

O alumnado dispón dunha ampla colección de literatura e cine na entrada da Biblioteca. 

Ademais puido escribir as súas cartas de amor ou amizade. Estas atópanse ao carón da furna que está na conserxería, onde se poideron depositar o 7, 8 e 9 de febreiro; e que foron entregadas o 15 e 16 de febreiro.

Máis información e fotos AQUÍ 

 

ENTROIDO 2024

11/02/2024 21:40

Entre temporais e choiva celebrouse o Entroido un ano máis no polideportivo.

Este ano, todos os niveis tiveron representación nas diferentes comparsas.

Grazas á participación do alumnado, a un equipo de son e uns presentadores sen parangón puidose disfrutar dunhas horas de festival carnavaleiro...

Despois dunha difícil deliberación do xurado, saíron os gañadores do Entroido 2024...

1º Premio da 1ªCategoría (1º a 3º de ESO) foi para o grupo: BISTIPOI ON FIRE

2º Premio da 1ªCategoría (1º a 3º de ESO) foi para o grupo: DIVINAMENTE DIVINAS

1º Premio da 2ªCategoría (4º de ESO / BACHARELATO / CICLO) foi para o grupo: O CIRCO DO SON

 

2º Premio da 2ªCategoría (4º de ESO / BACHARELATO / CICLO) foi para o grupo: OS TROLLS

O festival rematou coa actuación do grupo de profes mais marchosos do Instituto, que nos trasladaron por un momento aos anos oitenta...

Para ver máis fotos, pulsar AQUÍ

  

OLIMPÍADA XEOLÓXICA

08/02/2024 16:02

Alumnado da materia de  Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 2ºBacharelato e alumnado de 4ºESO, participou na XV Olimpíada Xeolóxica o 7 de febreiro na Facultade de Bioloxía de Santiago de Compostela.

Parabéns a Hugo Pouso de 2º de Bacharelato A  que quedou terceiro na competición individual!

  

VISITA DA FÁBRICA DE CORTIZO

08/02/2024 15:54

 

O alumnado de 1º de Bacharelato de Tecnoloxía e de 2º de Bacharelato de Economía de Empresa foron á fábrica de aluminio  “Cortizo “, en Padrón, onde se visitaron as instalación e viron o proceso de fabricación do aluminio.

 

 

 

CLASES CULTURAIS INGLÉS

06/02/2024 08:53

O luns 5 de febreiro, os alumnos de 1º Bacharelato disfrutaron dunha clase cultural en inglés impartida por un nativo. Nela tiveron a oportunidade de aprender sobre a diversidade dun país tan grande como USA, centrándose especialmente na poboación de orixe irlandesa. Foi unha actividade interactiva e divertida.  

 

Información sobre as probas libres para a obtención dos títulos de ESO e de Bacharelato

05/02/2024 23:38

O luns, día 5 de febreiro, a Xunta de Galicia abrirá o prazo para inscribirse nas probas para a obtención dos títulos de ESO e Bacharelato para persoas adultas, o que posibilita que quen non obtivera estes títulos a través do ensino ordinario, poidan acceder a eles a través dunha proba libre.

Así pois, as persoas maiores de 18 anos interesadas en obter o título de ESO teñen de prazo entre o 5 e o 21 de febreiro para a inscrición en primeira convocatoria, e do 8 ao 18 de abril en segunda convocatoria. Os centros nos que se poderá presentar a solicitude son a EPAPÛ Eduardo Pondal (A Coruña), EPAPU Santa María de Caranza (Ferrol), IES San Clemente (Santiago de Compostela), EPAPU Albeiros (Lugo), EPAPU de Ourense, EPAPU Río Lérez (Pontevedra) e EPAPU Berbés (Vigo).

No caso das probas para a obtención do título de Bacharelato para maiores de 20 anos, o prazo de inscrición é do 15 ao 28 de febreiro. Os centros nos que se poderá presentar a solicitude son a EPAPU Eduardo Pondal (A Coruña), o IES San Clemente (Santiago de Compostela), a EPAPU Albeiros (Lugo), a EPAPU de Ourense, a EPAPU Río Lérez (Pontevedra) e a EPAPU Berbés (Vigo).

Para obter máis información, podedes pinchar nas seguintes ligazóns:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240111/AnuncioG0655-040124-0001_gl.html

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240123/AnuncioG0655-050124-0002_gl.html

 

CELEBRACIÓN DA CANDELOIRA

03/02/2024 09:22

Para achegar o alumnado de francés ás costumes socioculturais francófonas, o departamento de francés organizou uns talleres de elaboración de CRÊPES para celebrar a Candeloira.

Así, durante as horas de clase de francés arredor do 2 de febreiro, o alumnado preparou o moado, fixo e degustou as típicas crêpes doces recheas do que máis lles gusta: nocilla, nutella, doce de leite,...

 

Distribuir contido


by Dr. Radut