Skip to Content

XESTIÓN DAS EMOCIÓNS

28/05/2024 22:06

Os martes 7, 14, 21 e 28 de maio, o alumnado de 4º de ESO participou nun obradoiro no que traballaron a xestión emocional  dende unha intervención da información, da sensibilización e con un traballo algo máis profundo no que se buscaron cambios no alumnado á hora de afrontar unha xestión emocional máis saudable. Todo o traballo a través duhna serie de estratexias que lles faciliten a súa regulación emocional.

CONVIVENCIA DEPORTIVA CO IES DE SAN ALBERTO

25/05/2024 10:26

O venres 24 de maio, realizouse unha xornada de Convivencia co IES Campo de San Alberto de Noia no que o alumnado de 2º de ESO dos dous institutos realizaron unha ruta ata a Praia da Aguieira na que se realizaron xogos e competicións. Remataron a mañá cunha merenda para repoñer forzas...

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesportoson/system/files/WhatsApp%20Image%202024-05-24%20at%2014.00.19%20%282%29.jpeg

Máis fotos AQUÍ

 

LETRAS GALEGAS 2024: SERAFÍN MARCOS

23/05/2024 20:33

Este xoves, o alumnado de 2ºESO asistiu á representación de Serafín Marcos sobre Luísa Villalta, autora homenaxeada nas Letras Galegas 2024.

VISITA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

22/05/2024 22:33

O mércores 22 de maio, recibimos a visita do alumnado de 6º de primaria do CEIP Santa Irene, do CEIP Portosín, do CEIP Plurilingüe Sobrado-Nebra, do CEIP de Xuño  e do CEIP Plurilingüe Campanario. Despois dun recibimento no salón de Actos, tiveron a súa primeira toma de contacto co instituto facendo un percorrido polas diferentes instalacións acompañados dalgúns alumnos de 1º de ESO  que fixeron de guías e compartiron con eles as súas experiencias, doutros de 2º de ESO que participaron na presentación do funcionamento da biblioteca e doutros máis maiores de 4º de ESO e 1º de Bacharelato que lles fixeron unha exhibición dalgúns traballos realizados nas aulas de tecnoloxía, maker e polos creativos.

ANDAINA RIBEIRA

21/05/2024 19:26

O tempo dounos unha tregua este luns, e o alumnado de 2º de ESO puido disfrutar dunha andaina por Ribeira sen choiva:

Unha ruta dende o Monte da cidade ao porto de Aguiño, onde recibiron información do castro da Cidade, da zona das mamoas de Pipín, da lagoa de Vixan, da praia de Anquieiro, do castro de Porto de Baixo, do castro dos Pericos, do lavadoiro de Pinisqueira e do muelle fenicio da Cobasa, facendo un percorrido dende a Idade dos metais aos nosos días. 

Máis fotos AQUÍ

A NOSA CAMPIOA EUROPEA

21/05/2024 20:00

É unha honra ter entre nos a unha campioa europea de fútbol sub-17!!!

Os nosos parabéns Lúa!

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS CIFP COROSO

21/05/2024 16:53

O alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato asistiu  na mañá do xoves 16 de maio á xornada de portas abertas do CIFP Coroso en Ribeira, onde puideron acceder a diferentes talleres nos que se imparten algúns dos ciclos formativos.

Quizais a algúns deles lles sirva para escoller o seu camiño no futuro...

LETRAS GALEGAS 2024 – LUÍSA VILLALTA

17/05/2024 19:01

No IES Porto do Son celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2024 dedicado a LUÍSA VILLALTA por todo o alto.

Levamos a cabo moitas actividades ao longo do mes de maio para poñer en valor o súa gran obra e o seu legado. Realizamos varias exposicións de carteis con mostra da biografía, das obras e da poesía da autora; desfrutamos dun recital poético da man do alumnado e do profesorado; proxectamos nos recreos na entrada do centro varios vídeosclips creados sobre poemas de Villalta; proxectamos documentais e realizamos actividades nas aulas; contamos cun obradoiro de baile tradicional; gozamos coa música e o baile galegos nos recreos. Ademais enchemos o mes das nosas letras cos poemas de Luísa Villalta e do noso alumnado a través do certame poético “Haikus, palavras ingrávidas para un almanaque”.

Consulta aquí as bases do certame literario:

https://etikeles.wordpress.com/

Máis fotos AQUÍ

MÚSICA E BAILES TRADICIONAIS

16/05/2024 19:37

Foliada! Celebración do Día das Letras Galegas a través da posta en valor dos bailes e músicas tradicionais. Despois de varios días de ensaio, hoxe tivemos día de estreo, nos recreos: baile libre e a última hora: sesión de práctica de baile tradicional co alumnado de 1º da ESO, como culminación da UD de baile.

Todo coa música en directo de Aida, Marta, Lidia, Mari Gabi e Julia. Moitas grazas artistas!

 

HORTA ESCOLAR

15/05/2024 22:14

“Santo Isidro Labrador quita a auga e pon o sol”, hoxe comezaron os, xa tradicionais, traballos de posta en marcha da horta do IES, nesta ocasión contamos coa axuda do alumnado do Obradoiro de Emprego Tahume IX, dos concellos de Porto do Son e Ribeira, que viñeron adecentar o terreo e a aprendernos as procesos que hai que seguir para que a horta dea unha boa colleita! Agradecemos a súa axuda e esperamos poder seguir contando con eles!!

Distribuir contido


by Dr. Radut