Nesta semana previa ao 25 de novembro contra á violencia de xénero, o alumnado do IES participou en diferentes actividades: CHARLAS SOBRE AGRESIÓNS E VIOLENCIA SEXUAL, unha obra de teatro: O PEQUENO PONI,...
O 17 de novembro, o alumnado de 1º de Bacharelato de Bioloxía e Xeoloxía, Anatomía e Cultura Científica, participaron nunha actividade para estudar a biodiversidade na parroquia de Baroña.
O outono é época de setas, e o alumnado de 1º da ESO preparou unha exposición con exemplares dos nosos montes. Non sabemos o motivo mais este ano houbo pouca variedade, cantidade e calidade, esperemos que o para o ano mellore a colleita!
A exposición atópase no corredor do primeiro andar ao lado da biblioteca.
Entre temporales de vento e choiva e algún que outro escampado, o venres 3 de novembro, celebramos o Magosto coas típicas castañas e un chocolatiño quente aportado pola cafetería.
Grazas ás aportacións de castañas por parte dalgúns rapaces, ó préstamo dos asadoiros do concello, á preparación das castañas e á organización dos xogos populares por parte do alumnado e profesorado do ciclo, e tamén á colaboración da cafetería, do persoal non docente e de limpeza, de todo o profesorado e alumnado, todos poidemos disfrutar dun estupendo Magosto.
Photocall terrorífico nos recreos do 31 de outubro!!!
Dende o martes 31 de outubro ata o venres 3 de novembro, o alumnado pode ver a exposición de fondos terroríficos nos corredores do primeiro andar do instituto e asistir na biblioteca aos pases de curtas de medo nos recreos do martes, xoves e venres, organizados polo equipo de biblioteca.
Os departamentos de Xeografía e Historia, Lingua Galega e Literatura e Bioloxía organizaron unha saída para 1º de Bacharelato, o xoves 26 de outubro á Cidade da Cultura para asistir á visita guiada da exposición “Luz na Terra. O Seminario de Estudos Galegos, unha institución de alta cultura” e da exposición de fotografía de “Nicolás Muller. Vento do Norte”.
Os departamentos de Xeografía e Historia, Lingua Galega e Literatura e Bioloxía organizaron unha saída para o xoves 19 de outubro á Cidade da Cultura co alumnado de 2º de bacharelato para asistir á visita guiada da exposición Luz na Terra e ver a exposición de fotografía Nicolás Muller: Vento do Norte, un dos grandes fotógrafos documentais do século XX.
O mércores 18 de outubro o alumnado de 1º da ESO participou nun taller micolóxico impartido pola asociación AMABUL e organizado polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía.