Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Maio 13, 2019 »
LunMarMérXovVenSábDom
13
all day

Do Sábado 11 a martes 14, unha parte do alumnado do ciclo participa como voluntario na organización do Raid Gallaecia World Series que parte de Viveiro. 

Start: 13/05/2019 10:10

Campamento na illa de Ons, organizada por vicedirección para 2º de ESO, cos monitores de Arenaria Coordinación, especialistas en formación e tempo libre, cos que o alumnado vén participando durante este curso no programa Con-Ciencia, do Grupo de Acción Litoral Costeira. Enmárcase no tema da Sostibilidade.

Saída o 9 ás 9.10h e regreso o 10 aproximadamente ás 19.50h. 

14
Start: 11/05/2019
End: 14/05/2019

Do Sábado 11 a martes 14, unha parte do alumnado do ciclo participa como voluntario na organización do Raid Gallaecia World Series que parte de Viveiro. 

Start: 13/05/2019 10:10
End: 14/05/2019 19:50

Campamento na illa de Ons, organizada por vicedirección para 2º de ESO, cos monitores de Arenaria Coordinación, especialistas en formación e tempo libre, cos que o alumnado vén participando durante este curso no programa Con-Ciencia, do Grupo de Acción Litoral Costeira. Enmárcase no tema da Sostibilidade.

Saída o 9 ás 9.10h e regreso o 10 aproximadamente ás 19.50h. 

all day

O alumnado de 1º de ESO traballou na materia de Lingua Galega a arquitectura patrimonial da Ruta da Auga. Únense historia, patrimonio, natureza e tradición. Xuntos elaboraron esta presentación na que axudan a entender os hórreos, as capelas, a casa tradicional,  os cruceiros e  os muíños. Fixeron as fotografías, invesgaron... Mirade que completiña está. Agora, cando paseemos pola ruta, poderemos entender mellor o que estamos a ver e saber o que nos contan estas construcións da nosa identidade como pobo. 

No mes de Antón Fraguas, adicámoslle a el este traballo de investigación. É unha forma de manter vivo o seu legado. De seguro, habíalle gustar!!! 

  

Arquitectura ruta da auga,IES de Porto do Son

More presentations from etikeles
 
 

O equipo de Dinamización da Lingua Galega e o equipo de biblioteca, recolleu parte desta información e elaborou un tríptico que se enviará as familias no mes das Letras. 

all day

Cales son as características técnicas da Ruta da Auga? Cales os puntos de interese? Do departamento de Educación Física achéganos este vídeo onde se recolle esta información. Preparad@s para camiñar?!!!  Calzado cómodo. Saímos do centro e rematamos en Cans!

Convertemos o noso entorno na mellor aula!

  

Roteiro da auga. 1º ESO from SonCine on Vimeo.

15
all day

Tiñan que ir a semana pasada pero o temporal fixo que aprazásemos a saída. E foi bo! Tan bo que o luns e o martes o alumnado de 2º de ESO tivo uns días estupendos para visitar a illa de Ons! Cos científicos de Arenaria Coordinación, cos que levan facendo obradoiros no programa Con-Ciencia, tiveron o privilexio de coñecer este espazo protexido do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Como quen di, tiveron a illa case para eles sós! Ata falaron con Chefa, unha das mulleres que leva máis tempo vivindo na illa. 

Unha vez máis: natureza, patrimonio e convivencia! Conciencia da necesidade de comprometerse coa Sostibilidade.

  

 

 

   

 

 

 

 

16
Start: 16/05/2019 12:00

No segundo recreo do xoves 16, no marco do Día das Letras Galegas, farase entrega na biblioteca dos premios do concurso "Luís Seoane: cor e mais palabra". Quere ser unha homenaxe ao pintor celebrado no Día das Artes e ao tempo, a Antonio Fraguas, protagonista do Día das Letras! Ver Galiza aos ollos da cor e a palabra. Manter a memoria que nos dá identidade.

all day

Estimadas familias:

A miúdo demandades información sobre que facer e como actuar cos fillos na adolescencia: unha escola de nais e pais. No curso pasado viñeron dous doutores en socioloxía da USC.

Este curso organizamos unhas charlas contando coa colaboración da Garda Civil, enmarcadas no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus contornos. Tratarán do consumo de drogas e alcohol e o uso responsable das novas tecnoloxías.

Ademais, queremos convidarvos especialmente á charla titulada: “Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención”; impartida por Olalla Cutrín Mosteiro e Lorena Maneiro Boo (exalumna do noso IES), doutoras en psicoloxía. Olalla fixo a súa investigación para a súa tese doutoral “Parenting practices and problematic behaviour in adolescence: the mediating role of deviant peers” no noso IES, entre outros, durante varios cursos.

Os seus fillos/as asistiron xa a algunha destas charlas. Consideramos que tamén son moi interesantes para os pais e nais. Insistimos en solicitar a súa participación.

Calendario:

Día 20 de maio, ás 18,30h: Novas tecnoloxías

Día 27 de maio, ás 18,30h: Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención

Día 3 de xuño, ás 18,30h: Drogas e alcohol

 

Todas as charlas se celebrarán no Salón de Actos do Instituto. Envíen resposta a través dos seus fillos/as a este escrito na presente semana. Han de comunicar a súa asistencia, ou inasistencia, en cada unha delas. (Cortar pola liña de puntos e entregar as titoras e titores de cada curso.)

Moitas grazas pola súa atención.

Asdo. o director

 

David Pérez Iglesias

 

all day

A Cruz Vermella de Noia imparte un obradoiro de Primeiros Auxilios (RCP e Maniobra de Heimlich) ao alumnado de 4º de ESO.
O horario é dentro da sesión de educación física de cada grupo:
4ºC: 8:20
4ºA: 10:20
4ºB: 11:10

all day

Onte, xoves, a Cruz Vermella de Noia impartiu un curso de primeiros auxilios (RCP e Maniobra de Heimlich) ao alumnado de 4º de ESO. Trouxeron maniquíes para practicar as maniobras básicas de RCP, continuando a formación teórico -práctica vista na materia.

all day

Esta semana o alumnado da ESO participou no "Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos", da Consellería de Educación. Asistiu ás charlas sobre uso de novas tecnoloxías, drogas e alcohol, impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Somos conscientes da necesidade de que o alumnado se forme o máis posible de cara ao seu desenvolvemento integral como persoas responsables tanto consigo mesmo como coa comunidade da que forman parte.

17
18
Start: 18/05/2019 21:47

 

A información indispensable tela aquí: http://ciug.gal/

Datas

Lugar da proba

 

Horarios dos exames (enlace a doc de descarga)

 

Convocatoria oficial de matrícula para a ABAU 2019

Con información sobre:
Calendario.
Documentación matrícula.
Alumnado que se pode presentar: obrigatoriamente ou de xeito voluntario. 
Comisións delegadas e lugares de realización da proba.
Lugares de entrega e recollida de documentación: LERDs
Reclamación ou dobre corrección.
Taxas de exame.  
Horarios dos exames.

CALENDARIO EXTENSO

 

NON O ESQUEZAS: INSTRUCCIÓNS PARA A REALIZACIÓN DA PROBA

enlace, revísao para evitar problemas)

 

 

INSTRUCCIÓNS PARA O ACCESO á aplicación para a

xestión do acceso ao Sistema Universitario de Galicia - NERTA

 

Instruccións reclamacións

 

REPASA OS LINKS DE CIUG:

NOTAS DE CORTE

PONDERACIÓNS

 

SE BUSCAS UNHA INFORMACIÓN MÁIS EXTENSA NON DEIXES DE REVISAR A

GUÍA DE ABAU (link) NO BLOGUE

 DA ORIENTADORA MÓNICA DIZ BESADA, de visita obrigada,

E ESTA PRESENTACIÓN (link)

 

E para calquera dúbida, non esperes, e pregunta en Orientación do IES.

 

Pode serche de axuda para definir os teus pasos

esta guía do Concello da Coruña 

(ENLACE A MOITOS OUTROS ENLACES QUE PODES PRECISAR E INFORMACIÓN SOBRE BECAS E AXUDAS).

 

INFORMACION SOBRE ESTUDOS UNIVERSITARIOS EN GALICIA

 

http://bacharelato.ga/index.php

 

 

Que estudiar y donde en la universidad española

 

Universidades de España: Servicios de Información de preinscrición universitaria

 

Pero pregunta, sempre pregunta, non quedes con dúbidas.

 

SORTE!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

19
Distribuir contido


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

by Dr. Radut