Eventos
Xov | ||
---|---|---|
Ábrese o prazo (21/05/2019-21/06/2019) para facer a solicitude de axudas no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar segundo a ORDE do 3 de maio de 2019 (enlace).
Para cubrir por medios informáticos ir aquí. É necesario ter a chave 365, ou certificado dixital poden acceder desde>>>>
https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ ou directamente en https://sede.xunta.gal/portada co código ED330B NOTA INFORMATIVA
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR PARA ALUMNADO MATRICULADO NA ESO NO CURSO ESCOLAR 2019/2020
ORDE do 3 de maio de 2019 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto
Obrigas das persoas beneficiarias:
1. Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2017/18 (....) A falta de devolución dos libros de texto, sexan do curso inmediato anterior ou de calquera outro, será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2018/19. 2. Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2018/19 e devolvelos ao rematar este, en xuño ou setembro, segundo o caso. 3. Destinar o importe do vale para libros a adquirir os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado. 4. Destinar o importe do vale para material a adquirir o material escolar que necesite. Start: 23/05/2019 10:20
End: 23/05/2019 11:10
Participación activa: entidades do territorio. GALP (Grupo de Acción Literal Costeira) no programa Con-ciencia. alumnado de 2º de ESO. Sostibilidade. Salón de actos.
Start: 23/05/2019
Comezamos o intercambio co alumnado de Quimper. Do 23 ao 30, un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO acollerá nas súas casas estes mozos e mozas, iniciando así o programa de inmesión lingüística. O noso alumnado de Francés (ver listaxe na sala de profesorado) non asistirá ás clases: O 24, de 8.20h a 11.10 O 28 de 8.20 a 14.00 Realizarán actividades no centro e fóra do centro. "Participación activa: entidades do territorio" foi a última charla que o alumnado de 2º de ESO tivo dentro do Programa Con-Ciencia, iniciativa promovida polo Grupo de Acción Local de Pesca Costa Sostible, Seo de Fisterra-Ría de Muros Noia, e no que colaboran o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, a Asociación de Oceanográfos de Galicia e a Fundación CETMAR (Centro Tecnolóxico do Mar), co respaldo da Consellaría do Mar e o FEMP (Fondo Europeo Marítimo e de Pesca). Nesta ocasión, a empresaria Janira Somoza, membro da xunta directiva da Asociación de Empresarios de Noia e propietaria dun negocio de restauración, contounos da súa evolución e animou aos alumnos e alumnas a formárense e a seren emprendedores e emprendedoras. Un exemplo a seguir na contorna. Agora queda a sesión de clausura. O 19 de xuño, unha selección do alumnado encontrarase en Muros cos rapaces e rapazas doustros centros que participaron no programa.
|
