Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Xoves Maio 16, 2019 »
Xov
Start: 16/05/2019 09:10
End: 16/05/2019 10:00

De 9.10 a 10.00, charla sobre Acoso Escolar para  2º ESO, dentro do programa do Plan Director.

Start: 16/05/2019 12:00

No segundo recreo do xoves 16, no marco do Día das Letras Galegas, farase entrega na biblioteca dos premios do concurso "Luís Seoane: cor e mais palabra". Quere ser unha homenaxe ao pintor celebrado no Día das Artes e ao tempo, a Antonio Fraguas, protagonista do Día das Letras! Ver Galiza aos ollos da cor e a palabra. Manter a memoria que nos dá identidade.

Estimadas familias:

A miúdo demandades información sobre que facer e como actuar cos fillos na adolescencia: unha escola de nais e pais. No curso pasado viñeron dous doutores en socioloxía da USC.

Este curso organizamos unhas charlas contando coa colaboración da Garda Civil, enmarcadas no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus contornos. Tratarán do consumo de drogas e alcohol e o uso responsable das novas tecnoloxías.

Ademais, queremos convidarvos especialmente á charla titulada: “Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención”; impartida por Olalla Cutrín Mosteiro e Lorena Maneiro Boo (exalumna do noso IES), doutoras en psicoloxía. Olalla fixo a súa investigación para a súa tese doutoral “Parenting practices and problematic behaviour in adolescence: the mediating role of deviant peers” no noso IES, entre outros, durante varios cursos.

Os seus fillos/as asistiron xa a algunha destas charlas. Consideramos que tamén son moi interesantes para os pais e nais. Insistimos en solicitar a súa participación.

Calendario:

Día 20 de maio, ás 18,30h: Novas tecnoloxías

Día 27 de maio, ás 18,30h: Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención

Día 3 de xuño, ás 18,30h: Drogas e alcohol

 

Todas as charlas se celebrarán no Salón de Actos do Instituto. Envíen resposta a través dos seus fillos/as a este escrito na presente semana. Han de comunicar a súa asistencia, ou inasistencia, en cada unha delas. (Cortar pola liña de puntos e entregar as titoras e titores de cada curso.)

Moitas grazas pola súa atención.

Asdo. o director

 

David Pérez Iglesias

 

A Cruz Vermella de Noia imparte un obradoiro de Primeiros Auxilios (RCP e Maniobra de Heimlich) ao alumnado de 4º de ESO.
O horario é dentro da sesión de educación física de cada grupo:
4ºC: 8:20
4ºA: 10:20
4ºB: 11:10

Onte, xoves, a Cruz Vermella de Noia impartiu un curso de primeiros auxilios (RCP e Maniobra de Heimlich) ao alumnado de 4º de ESO. Trouxeron maniquíes para practicar as maniobras básicas de RCP, continuando a formación teórico -práctica vista na materia.

Esta semana o alumnado da ESO participou no "Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos", da Consellería de Educación. Asistiu ás charlas sobre uso de novas tecnoloxías, drogas e alcohol, impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Somos conscientes da necesidade de que o alumnado se forme o máis posible de cara ao seu desenvolvemento integral como persoas responsables tanto consigo mesmo como coa comunidade da que forman parte.

Distribuir contido


EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA

by Dr. Radut