Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
7
Start: 07/05/2018 19:00
O outro luns, comezamos unha serie de charlas sobre educación e adolescencia. Somos unha comunidade e temos que axudarnos entre nós. Aprender xuntos familias e profesores, porque todos precisamos de todos.
A primeira correu da parte do IES, e xa se celebrou o luns 9. Asistimos 30 nais e pais. O IES comprometeuse a convocar novas reunións. Imos facelas na Casa da Cultura de Concello de Porto do Son, abertas tamén a nais e pais dos colexios de primaria. A segunda será de Jorge García Marín, Doutor en Socioloxía, e profesor na Universidade de Santiago de Socioloxía da Educación. Daranos unha aportación moi interesante, desde unha perspectiva feminista, sobre como as novas tecnoloxías comunicativas están a propoñer un modelo machista a nosa xuventude, e os problemas derivados. "O investigador chamou a atención sobre a importancia da implicación das familias á hora de xestionar a utilización das redes sociais dos menores e engadiu unha serie de consellos: “canto máis tarde se inician nelas, mellor” dixo en alusión á idade a que comezan os/as menores a manexar redes ao que engadiu tamén a necesidades de controlar os tempos de uso e os contidos difundidos, “son necesarios límites” apunta o investigador xustificando a súa postura." Podedes ver aquí unha entrevista. Na terceira estará a cargo de Patricia Gómez Salgado, do Grupo de Investigación de Psicoloxía do Consumidor e o Usuario da Universidade de Santiago. "La adicción a Internet aún no está reconocida de manera oficial, pero sí que es verdad que cada vez más familias acuden a psicólogos buscando ayuda porque no saben cómo manejar los problemas que surgen, sobre todo en los hijos adolescentes." “A influencia dos móbiles nas condutas dos adolescentes.” Día: 30 de abril de 2018 Lugar: Casa de Cultura de Porto do Son Hora: 19:00h “O uso problemático de internet” Día: 7 de maio de 2018 Lugar: Casa de Cultura de Porto do Son
Hora: 19:00h | 8
all day
De 11:10 a 12:00h, o alumnado de 4º de ESO asistirá á proxección do documental Cruzar a fronteira, dentro das actividades do Plan de Acción Titorial. Presentará a sesión Suso Montero, coordinador do proxecto, centrado no tema da emigración. Departamento de Orientación. Start: 08/05/2018 11:10
De 8:20h a 20:00h, os alumnado de Paisaxe e Sustentabilidade e alumnado de 3º de ESO, viaxará a Allariz para participar no Proxecto Terra. Actividade do departamento de Xeografía e Historia. | 9
| 10
all day
De 9:10h a 10h, o alumnado de de 1º de ESO asistirá no salón de actos a unha charla de Xurxo Rey, fotógrafo de National Geografic, sobre as ameazas que sofre a biodiversidade. Actividade do departamento de Bioloxía. No salón de actos. | 11
Start: 11/05/2018 10:00
Venres 11, de 10:00h ás 16:30, o alumnado do club de lectura da ESO, fará unha saída á illa de Sálvora co alumnado dos clubs de lectura do IES Aquis Celenis de Caldas de Reis. A actividade xirará arredor da lectura de Noite de temporal de Núñez Singala, centrado no naufraxio do Santa Isabel en 1921.
Start: 11/05/2018
| 12
all day
| 13
all day
|