Skip to Content

Saídas extraescolares

Saídas extraescolares

Visita á exposición "O Principiño arredor do mundo"

O alumnado de 1º de ESO visita a exposición  "O Principiño arredor do mundo" que estes días está no CEP Carlos Casares de Alxén (Salvaterra de Miño).

Esta exposición forma parte da colección privada do escritor que, dende principios dos anos 70, comezou a traducir a mencionada obra ao galego para a editorial Galaxia. A súa afección polo libro de Antoine de Saint-Exupéry moveuno a coleccionar O Principiño en todas as linguas do mundo.

Alumnado visitando a colección Carlos Casares

Alumnado do centro viaxa a Santarem ao XIX Encontro Jovens Cientistas

As alumnas de 1º de Bacharelato María Alvarez e Laura Araujo , acompañadas da profesora Belén Jorge, participan no XIX Encontro Internacional de Jovens Cientistas das Escolas Asociadas da UNESCO que ten lugar en Santarém (Portugal) dos días 11 a 14 de xaneiro. Xunto con outros mozos e mozas de 8 países deberán presentar e debater propostas para  minimizar os efectos do cambio climático.Alumnas en Santarem

O alumnado de Ciclo e FPB visita Santiago de Compostela

O mércores 7 de decembro o alumnado do Ciclo de "Sistemas microinformáticos e redes" e da FPBásica de "Informática de Oficina" fixeron unha visita a Santiago acompañados de catro profesores do departamento de Informática.

Visita á semana da ciencia

O día 22 de novembro o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e de 4º da ESO, que cursa as materias de Química, Física e Química, Ciencias Aplicadas a Actividade Profesional e Tecnoloxía, participou na Semana da Ciencia organizada pola Facultade de Enxeñaría de Minas da UVigo. Durante a xornada puideron participar en obradoiros de: termografía, novos materiais, realiade aumentada e medio ambiente.Velaquí algunhas instantáneas da visita.Logo semana Ciencia

Viaxe Madrid Gaming Experience

A pasada semana o alumnado dos ciclos de informática que se imparten no centro, viaxou a Madrid acompañado de dous profesores do departamento de informática.

Visita a Lalín

O alumnado de primeiro da ESO visitou Lalín nesta semana. Tiveron un programa moi completo: visita ao Museo etnográfico "Casa do Patrón", un obradoiro de elaboración de queixo artesán, unha camiñada pola fraga de Catasós e a visita ao Museo Galego da Marioneta.

Distribuir contido


by Dr. Radut