Skip to Content

Saídas extraescolares

Saídas extraescolares

Galiciencia

Este ano @s nos@s alumn@s de cuarto da ESO participaron durante tres días en Galiciencia, a maior feira científica de Galicicia que como todos os anos se celebrou no parque tecnolóxico de Ourense. Os proxectos presentados foron:

  • Polici@s científic@s realizado por Amara e Diana , o seu traballo consistíu en dar a coñecer os distintos procesos químicos que teñen lugar na práctica policial: detección de pegadas dactilares, visualización de sangue con luminol e extracción de ADN da mucosa bucal.
  • Método BIM levado a cabo por Ismael e Mario, deseñaron un baño que recicla a auga da ducha para poder usala despois no lavabo e no retrete despois de pasar por un potente filtro.
Foron uns excelentes traballos e tiveron moito éxito!!
Parabéns rapaces, fixéstelo xenial!!

 

 

Visita a Vigo

 
 http://www.edu.xunta.gal/centros/iespazomerce/system/files/IMG-20171116-WA0017_1.jpg 
 
Os alumnos do Club de Lectura e máis os de 3º da ESO do noso instituto visitaron o Museo do Mar de Vigo para contemplar o Pergamiño Vindel, un documento que contén as sete cantigas de Martin Codax e que está en moi bo estado de conservación.  Foi unha experiencia moi positiva e enriquecedora para todos.
 

Fin de curso

O venres 23 demos por rematadas as aulas. O noso alumnado e profesorado acompañante, celebraron durante a mañá a despedida lectiva asistindo a un festival no Auditorio do Concello das Neves. Foi un espectáculo moi bonito, cheo de alegría, sentido do humor e música. Deleitáronnos co seu bo facer o grupo Odaiko, e tamén participou cos seus instrumentos, canto e baile alumnado do centro, a quen felicitamos pola súa actuación. Parabéns que se estenden ao profesor Anxo Abalde por argallar un evento tan gratificante e axeitado, para este remate de curso. Agradecemos ao Concello das Neves que, coma sempre que se lle pide, nos cedese as instalacións do Auditorio. E, sobre todo, transmitimos a todas e todos o desexo dun feliz verán. Volveremos atoparnos o 15 de setembro!!!!

Alumnado no auditorio das Neves

Alumnado do noso centro asiste á inauguración de "Sorrisos transformadores"

O pasado venres 16 na Casa da Xuventude do Concello das Neves celebrouse un acto que, baixo o lema de “Sorrisos Transformadores”, inauguraba unha exposición sobre o colectivo LGTBI. A través de 10 grandes fotografías de Noemí Chantada, trata de darlle visibilidade positiva de todo este colectivo e das súas familias. Unificadas coa lenda de “respecta, defende, sensibiliza, iguala, vive e deixa vivir”, a Asociación ARELAS mediante estas imaxes pretende prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero, e tamén combater o acoso escolar por estes motivos. Unha representante de esta asociación deu unha charla a rapaces e rapazas do noso centro, abríndose logo unha participativa e interesante quenda de preguntas.
Rapaces na charla

Excursión do alumnado de 3ºESO

O 5 de xuño, para celebrar o Día do Medio Ambiente, o alumnado de 3º ESO participou nunha saída ó Monte Aloia e a Santa Tegra organizada pola Comisión UNESCO. Esta actividade está englobada no Proxecto Atlántico. Estiveron acompañados polos profesores Rosa Pérez, Inacio Alonso e Belén Jorge.

Collage de imaxes
Collage de imaxes
Collage de imaxes
Collage de imaxes

Repercusión da saída ao Courel na prensa comarcal

O xornal comarcal A NOVA PENEIRA recolle nas súas páxinas unha información sobre a visita pedagóxica que o noso centro fixo ao Courel. Mostramos a páxina onde é recollida a nova.
 
 Xornal Nova Peneira
Distribuir contido


by Dr. Radut