Skip to Content

Alumnado do noso centro asiste á inauguración de "Sorrisos transformadores"

O pasado venres 16 na Casa da Xuventude do Concello das Neves celebrouse un acto que, baixo o lema de “Sorrisos Transformadores”, inauguraba unha exposición sobre o colectivo LGTBI. A través de 10 grandes fotografías de Noemí Chantada, trata de darlle visibilidade positiva de todo este colectivo e das súas familias. Unificadas coa lenda de “respecta, defende, sensibiliza, iguala, vive e deixa vivir”, a Asociación ARELAS mediante estas imaxes pretende prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero, e tamén combater o acoso escolar por estes motivos. Unha representante de esta asociación deu unha charla a rapaces e rapazas do noso centro, abríndose logo unha participativa e interesante quenda de preguntas.
Rapaces na charla

O alumnado, coa súa activa participación, fixo escaso o tempo dedicado aos temas suxeridos e expostos. De feito, de volta ao Instituto un grupo de rapazas comentou ao profesorado acompañante que querían que se fixesen máis charlas deste tipo para o vindeiro curso, que aprenderan moitas cousas e mesmo que lles fixo reflexionar sobre distintos aspectos saídos durante o acto, moitos deles novidosos para elas e eles. Tomamos nota! A mensaxe que quedou como destacada foi a de que é necesario traballar por construirmos todos e todas unha sociedade máis xusta e igualitaria.



page | by Dr. Radut