Skip to Content

Saídas extraescolares

Saídas extraescolares

Convivio e caminhada de Melgaço

Tal e como  estaba prometido, retomouse a Convio e caminhada de Melgaço. O alumnado  de 2º ESO desprazouse ao país irmán e viviu unha experiencia, curta pero moi intensa con compañeiras e compañeiros do outro lado do río que nos une. Os profesores  tamén sentimos a hospitalidade dos nosos colegas cos que no pouco tempo que compartimos, non deixamos de agromar ideas para futuras experiencias compartidas.

Desde a Escola de Melgaço partimos cara a Lamas de Mouro, onde Abel, o guía, levounos polo camiño dos romeiros que ían ao santuario da Peneda. Alí xantamos. Rematamos a xornada na área de lecer de Lamas de Mouro, chegando xustos de tempo para coller o autobús escolar.

Alumnado en Portugal

Alumnado en Portugal

Celebrando as letras e a cultura

O pasado venres 19 de maio todo o alumnado do centro asistiu a unha actuación cultural co gallo do día das letras. A sesión estivo dirixida por Leo Arremecághona, artista polifacético (músico, poeta, humorista...), e desenvolveuse no Auditorio das Neves.

O alumnado desprazouse andando ata o centro da vila, acompañado polo profesorado, e regresou do mesmo xeito. Unha experiencia enriquecedora!!!

Alumnado no auditorio das Neves

Correlingua 2017

O alumnado de 1º da ESO desprazouse ata Vigo a celebrar o Correlíngua 2017. Levamos as nosas puchas, as nosas crachas e a nosa pancarta. Desfrutamos co resto do alumnado da festa e a participación de Luís Caruncho e o grupo Biribirlocke. Lástima que chovera e tivera que se celebrar dentro do pavillón, pero a nosa lingua non ten cancelas e ben que nos fixemos oír. "O GALEGO SEN CANCELAS, FALEN ELES, FALAN ELAAASSS!!!!"

Alumnado no  Correlingua

Alumnado no  Correlingua

Visita ao congreso FP Innova

O pasado mércores 10 de maio o alumnado de 4º ESO, FP Básica e Ciclo, fixo unha visita á Cidade da Cultura en Compostela para visitar a segunda edición do congreso FP Innova. A través de proxectos de innovación no eido da formación profesional puideron coñecer as distintas familias profesionais, ciclos formativos e o labor que desenvolven. Achegáronse tamén ás distintas saídas profesionais e mesmo coñeceron algunhas empresas creadas a partir destes proxectos.

Alumnado na FP Innova

Alumnado na FP Innova

Visita ao Proxecto Terra

O pasado martes 9 de maio o alumnado de 3º ESO visitou a cidade de Vigo. Como cada ano, de man do proxecto Terra, puideron gozar dunha visita á cidade olívica dende outra perspectiva, na que coñeceron os seus recunchos, profundizando na súa historia a través dos seus lugares emblemáticos e da súa arquitectura.Alumnado en Vigo

O alumnado de 1º ESO visita o Grove

O mércores 26 de abril de o alumnado de 1º ESO visitou o Grove. En primeiro lugar fixeron unha visita ao acurio para descubrir as especies atlánticas e observar a fauna propia das nosas costas (raias, xurelos, douradas, rodaballos, maragotas, centolas, lumbrigantes...). Despois realizaron un paseo en catamarán para visitar unha batea. O alumnado estivo moi atento ás explicaicións e a observación, a través de visores submarinos, do cultivo do mexillón, da ostra e da vieira. Foi un día aproveitado ao máximo, onde se fusionou o didáctico coa diversión.

Rapaces no Grove

Rapaces no Grove

Distribuir contido


by Dr. Radut