Skip to Content

Fin de curso

O venres 23 demos por rematadas as aulas. O noso alumnado e profesorado acompañante, celebraron durante a mañá a despedida lectiva asistindo a un festival no Auditorio do Concello das Neves. Foi un espectáculo moi bonito, cheo de alegría, sentido do humor e música. Deleitáronnos co seu bo facer o grupo Odaiko, e tamén participou cos seus instrumentos, canto e baile alumnado do centro, a quen felicitamos pola súa actuación. Parabéns que se estenden ao profesor Anxo Abalde por argallar un evento tan gratificante e axeitado, para este remate de curso. Agradecemos ao Concello das Neves que, coma sempre que se lle pide, nos cedese as instalacións do Auditorio. E, sobre todo, transmitimos a todas e todos o desexo dun feliz verán. Volveremos atoparnos o 15 de setembro!!!!

Alumnado no auditorio das Neves

Alumnado no auditorio das Neves



page | by Dr. Radut