Skip to Content

Visita á exposición "O Principiño arredor do mundo"

O alumnado de 1º de ESO visita a exposición  "O Principiño arredor do mundo" que estes días está no CEP Carlos Casares de Alxén (Salvaterra de Miño).

Esta exposición forma parte da colección privada do escritor que, dende principios dos anos 70, comezou a traducir a mencionada obra ao galego para a editorial Galaxia. A súa afección polo libro de Antoine de Saint-Exupéry moveuno a coleccionar O Principiño en todas as linguas do mundo.

Alumnado visitando a colección Carlos Casares

No momento da súa morte, Carlos Casares tiña na súa colección máis de 100 volumes de distintas edicións de Le petit Prince en linguas xermánicas, eslavas, románicas, escandinavas e mesmo orientais. Ademais de contar coa obra nas linguas da Península Ibérica (galego, portugués, castelán, vasco e catalán) tiña tamén obras en aragonés, asturiano ou estremeño. A colección recolle tamén edicións únicas ou raras de linguas minoritarias, algunhas de mediados dos 70.Un bo comezo para homenaxear a Carlos Casares, o  autor que fixo a traducción desta obra ao galego, e ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

Alumnado visitando a colección Carlos CasaresAlumnado visitando a colección Carlos Casares
Alumnado visitando a colección Carlos CasaresAlumnado visitando a colección Carlos Casares


page | by Dr. Radut