Skip to Content

Fronteiras entre países: liñas de diferenciación ou territorios de ocupación?

O profesor de Xeografía da USC, Valerià Paül, levounos de viaxe polo mundo para reflexionar sobre os tipos de fronteiras que existen e sobre como estas afectan ás sociedades que as comparten. Así, desde El Paso até Nicosia fomos asistindo á construción de divisións que illan, normalmente, ao máis débil da raia para beneficio do máis forte. Porén, mentres que para os que levantan os muros estes lles serven de protección, para os illados, esas fronteiras convértense nun símbolo de resistencia. Tamén nos enfrontou á nosa propia fronteira, á de Portugal, que vive agora un momento máis amable coa construción das eurocidades como territorios de cooperación, mais que se viu reactivada últimamente cos peches por mor do Covid. Aínda que esta é unha circunstancia inusual, sérvenos para nos decatar de que as relacións limítrofes se poden truncar co reforzamento de fronteiras se non se traballa socialmente por derrubalas.

O IES A Cañiza presenta os seus ciclos

A semana pasada viñeron visitarnos desde o IES A Cañiza para lles presentar ao noso alumnado os ciclos formativos que alí ofrecen e que poden supoñer unha saída profesional diferente ás que aquí ofertamos. Entre os ciclos que nos mostraron atópanse o de Xestión Administrativa e Electromecánica vehículos de Grao Medio e Mantemento de vehículos de FPB.

Linguas en contacto

O pasado luns visitounos o profesor Francisco Dubert da USC para nos falar da diversidade lingüística no mundo. Calcúlase que, na actualidade, hai sobre unhas 6000 linguas, o que evidencia que, o contacto lingüístico que, ás veces se vive como problemático, é unha realidade na inmensa maioría dos países. Polo tanto, cómpre tomar medidas para a conservación do patrimonio lingüístico e evitar a uniformización.

 

Orientación Universitaria UVIGO

O pasado luns visitounos un membro da UVigo para nos informar sobre as probas ABAU. Tamén aproveitou a ocasión para facer un percorrido polos diferentes campus que conforman esta Universidade, a través da presentación da súa oferta educativa. Foi unha charla moi esclarecedora para o alumnado de 2º de BACH, que está ás portas de escoller a súa futura orientación laboral.

Distribuir contido


by Dr. Radut