Skip to Content

Pilar García Negro e a luz inextinguíbel de Rosalía

O luns 22 de febreiro, o alumnado de 4º da ESO tivo a inmensa sorte de presenciar unha videoconferencia da escritora e profesora de sociolingüística da Universidade da Coruña Pilar García Negro. Editora, tradutora e ensaísta, conta no seu currículo con diferentes estudos sobre a principal escritora da literatura galega: Rosalía de Castro. Precisamente, no ano 2013 fíxose co Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de editores ao mellor Libro de Non Ficción de 2013 por Cantares Gallegos hoxe. Ela faloulles sobre os dous poemarios que Rosalía deixou en galego: Cantares Gallegos e Follas Novas.

A interesante historia de Natalia Larrea

Con motivo do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia o alumnado de 1º de BACH asistiu, a través do Planetario de Madrid, a un encontro coa enxeñeira aeroespacial Natalia Larrea, afincada actualmente en Montreal. Ela foi a comandante da misión simulada a Marte na Mars Desert Research Station, na que 8 persoas conviviron en illamento ao longo de varias semanas. Durante a súa charla compartiu co alumnado todas as vicisitudes tanto académicas como persoais que debeu superar para chegar á súa posición actual. Unha referente da que aprender que non existe un teito para os soños.

Rosaliándonos

Chegamos á semana grande de Rosalía e no IES Pazo da Mercé imos celebrala como se merece.

Por iso decidimos Rosaliarnos!!

ENTROIDO CHALLENGE

Este ano a celebración do entroido trasladámola ao mundo virtual pois a situación da pandemia non permitía outro escenario. Aínda así, quixemos conservar o espírito de poñer o mundo ao revés e non renunciamos a seguir as ordes do Meco e a nos sentir diferentes por un día.

QUEN É QUEN? MULLERES CIENTÍFICAS NAS AULAS

A profesora de matemáticas Sandra Gómez elaborou un xogo de mesa baseado no tradicional Quen é quen?. O obxectivo do traballo era o de achegarlle á rapazada referentes femininos do mundo da ciencia, pois non sempre aparecen recollidos nos libros de texto. Unha proposta lúdica para descubrir unha realidade agochada que contou cunha moi boa acollida por parte do alumnado.

#nonmaismatildas

O 11 de febreiro celébrase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia. Desde o IES Pazo da Mercé quixemos sumarnos á campaña #nomorematildas para visibilizar as mulleres científicas e demandar máis referentes femininos para a rapazada.

Distribuir contido


by Dr. Radut