Skip to Content

Escolares

OBRADOIRO DE SEGURIDADE VIARIA

OBRADOIRO DE SEGURIDADE VIARIA. FACTORES DE RISCO NA MOCIDADE: ALCOL E DROGAS.

CIENCIA E TECNOLOXÍA EN FEMININO

O alumnado de 2º da ESO participou esta semana na xornada organizada polo Parque Tecnolóxico de Galicia- Tecnópole “Ciencia e Tecnoloxía en feminino”. 

O principal obxectivo é impulsar as vocacións científicas entre as rapazas, contribuíndo así a romper a fenda de xénero nos estudos de ciencia e tecnoloxía. No Otero Pedrayo queremos contribuír a un sistema de I+ D+ I máis igualitario, no que se poida desenvolver o talento á marxe do xénero.

O noso alumnado puido visitar, nesta xornada, a exposición “Mujeres que cambiaron el mundo”, asistir a unha ponencia coa mesma temática e participar en diferentes talleres: “Escape room: mundos químicos” e “Propostas de solución innovadoras e retos sociais”.

A actividade foi todo un éxito e os nosos rapaces e rapazas viñeron encantados e encantadas.

Se queres ver mais fotos relacionadas con esta actividade, accede ao noso banco de imaxes,fai clic aquí.

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE. 

 

VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA

 

 

Hoxe, venres 18 de outubro, o alumnado de 1º da ESO do Otero Pedrayo desprazouse ata Santiago de Compostela para visitar o Parlamento e a Xunta de Galicia. Coñecer as nosas institucións é fundamental para o impulso dos valores democráticos. 

Alí foron saudados polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e o conselleiro de presidencia Alfonso Rueda. Tamén tiveron ocasión de coñecer a dous dos atletas galegos de maior proxección na actualidade: Ana  Peleteiro e Adrián Ben, que participan na campaña da Xunta a favor da igualdade e en contra da violencia machista. 

Foi, desde logo, unha visita ben, ben interesante!

Se queres ver mais fotos relacionadas con esta actividade, accede ao noso banco de imaxes,fai clic aquí.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

 

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO: NORABOA FERNANDO

Fernando Apolinar Rodríguez, alumno do IES Otero Pedrayo, foi un dos vinte galardoados nos premios extraordinarios de Bacharelato 2018/ 2019 que a Consellería de Educación concede, Mil parabéns, Fernando! Foi un luxo para o Otero contar cun alumno coma ti. Parabéns, tamén, ao resto dos galardoados

FIN DE CURSO 2018-19!

Coas finais deportivas (fútbol sala, rugby-cinta, voleibol e balonmán),  así como co Festival fin de curso desenvolvido no Paraninfo o venres 21 de xuño, damos por finalizado este 2018-19. 
Foron 9 meses cargados de actividades de todo tipo: teatro, cinema, musicais, obradoiros, charlas e conferencias, visitas pictóricas, museos, clubs de lectura, cursos de defensa persoal, exposicións...

VIAXE CULTURAL A ASTURIAS

No IES Otero Pedrayo, a viaxe a Asturias de 2º da ESO é todo un clásico.

Desde a primeira visita ás Médulas, os nosos rapaces e rapazas gozaron do casco histórico e catedral de León, o Museo de minería de Asturias, Basílica de Covadonga, subida aos Picos de Europa, visita ao Museo do Jurásico, Xixón, Cudillero e remataron coa visita á praia das Catedrais, Fontemiña, Castro de Viladonga e visita de Lugo.

OLIMPÍADA DE HISTORIA

Unha vez máis, o alumnado do IES Otero Pedrayo estivo presente na Olimpíada de Historia.  Esta nova edición celebrouse o 24 de maio na facultade de Humanidades do Campus ourensán. Non chegaron á final, pero foi unha experiencia moi positiva.

 

 

LETRAS GALEGAS 2019

Antonio Fraguas: "Ser galeguista non é máis que ser amante da nosa terra".

As letras galegas do presente ano están adicadas a Antonio Fraguas. O IES Otero Pedrayo quixo festexalas con diferentes actividades:

TRATA E PROSTITUCIÓN FEMININA

Dentro do Plan de Innovación Educatica Proxecta, Por 365 días de respecto e igualdade, o alumnado de 4º da ESO tivo o privilexio de asistir a unha charla sobre a trata e a prostitución feminina, impartida pola Fundación Amaranta. O fin desta fundación é favorecer a integración persoal e a incorporación social de mulleres afectadas pola prostitución e outras situacións de exclusión. Grazas, Lidia, por mostrarlle esta realidade tan dura ao noso alumnado. Parabéns polo voso traballo.

GRADUACIÓN CURSO 2018-19

A promoción 2018-2019 de 2º BAC xa está graduada! Nun acto académico emotivo e cheo de complicidades coas familias e co profesorado, o noso alumnado recolleu o seu diploma e recordou o paso polo IES Otero Pedrayo.

Noraboa a todas e a todos!

Distribuir contido


by Dr. Radut