Skip to Content

Escolares

PREMIOS SAN CLEMENTE

É unha honra para o IES Otero Pedrayo que seis dos seus alumnos e alumnas formaran parte do xurado no prestixioso premio literario "San Clemente", organizado polo IES Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela.

CHARLA SOBRE AGRESIÓNS SEXUAIS E VIOLÉNCIA

Aínda dentro do marco da programación organizada arredor do 8M, Día Internacional da Muller, o alumnado de 1° Bac tivo unha interesante charla sobre violencia sexual. O traballo a prol da igualdade é constante no IES Otero Pedrayo e todas estas actividades teñen como obxectivo conseguila.

CURSO DE DEFENSA PERSOAL

A programación arredor do 8 de marzo, Día Internacional da muller, segue a dar froitos. Nesta ocasión,  foi un curso básico de defensa persoal a actividade que puideron disfrutar as alumnas de 2° Bac.

CLUB DE LECTURA DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

Luns, de Eli Ríos, foi o libro escollido para que pais/nais, alumnos/as e profes leran no club de lectura que puxemos en marcha no IES Otero Pedrayo.

Este pasado luns, reunímonos no Paraninfo coa escritora para pór en común aspectos do libro, e non só. Aproveitando a temática da violencia de xénero que trata a novela, creamos un espazo de debate, de reflexión, de sororidade.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller e no IES Otero Pedrayo preparamos unha semana de actividades arredor desta data.

Comezamos o propio día saíndo ao Xardín do Posío a ler unha pequena historia do por que da celebración, logo varias alumnas leron o manifesto do noso centro, despois fixemos xogos cooperativos en igualdade e, por último, colocamos a pancarta no balcón do Otero. O lema é POLA IGUALDADE.

ENTROIDO

No instituto Otero Pedrayo celebramos o Entroido por todo o alto. Este ano, como novidade, tivemos unha meca que de luns a xoves nos fixo comandas do máis disparatado: traer a roupa ao revés, vir en pixama, rapazas con bigote e rapaces cos beizos pintados... Todo isto quentou motores para o día grande: o venres de desfile.

EXCURSIÓN ALUMNADO DE ECONOMÍA.

Se algo lles gusta ao alumnado de Economía é visitar empresas. Nesta ocasión, os rapaces e rapazas desprazáronse ata a Coruña para visitar as fábricas do xigante téxil Inditex (en Arteixo) e tamén a téxtil Jevaso, no mesmo parque empresarial.

EXPOSICIÓN E OBRADOIRO "CARTAS DE AMOR"

Mirade cono loce un dos claustros do noso instituto coa exposición cedida pola Secretaría de Igualdade 'Cartas de amor. 15 artistas contra a violencia de xénero'. Son 15 láminas con cadansúa unidade didáctica. O noso alumnado disfrutou véndoas e traballándoas a través dun obradoiro didáctico e divertido. 

SAN VALENTÍN

Cupido andou facendo das súas o Día dos Namorados (14 de febreiro) e a través do alumnado de 4° ESO que viaxará a Londres, encheu o Otero Pedraio de poemas, flores e moito, moito amor.

A rapazada de 4° sacou cartos para a viaxe de fin de curso e profesorado e alumnado quedamos encantados cunha iniciativa tan riquiña.

Aí vai algunha das flores que os rapaces e rapazas fixeron e repartiron.

21 DIAS CO GALEGO E MÁIS

O Proxecto dos 21Días co galego e máis segue dando que falar!

O xornal escolar de La Región fíxolle unha ampla reportaxe ao noso alumnado recollendo as súas impresións tras finalizar esta aventura.

Tamén Telemiño, nas noticias do sábado, deu cumprida información sobre este proxecto, con vídeos e entrevistas á nosa rapazada.

Distribuir contido


by Dr. Radut