Skip to Content

Escolares

IMOS AO TEATRO!

O xoves, 31 de xaneiro, o alumnado de Francés do IES Otero Pedrayo foi ao teatro. Nesta ocasión, a obra que foron ver os nosos rapaces e rapazas tiña unha peculiaridade: estaba en francés! Le malade imaginaire foi o título da obra e a representación foi no Auditorio de Ourense.

Este tipo de actividades son o complemento perfecto á materia vista nas aulas.

OLIMPÍADA DE BIOLOXÍA.

A olimpíada de Bioloxía celebrouse na Coruña e contou con representación do noso centro. Foron catro os rapaces e rapazas que participaron. A pesar de levala moi preparada, este ano tampouco puido ser. O noso recoñecemento ao traballo de todos eles e elas. Aí vai unha foto dos participantes na olimpíada de Bioloxía. Entre eles, os olímpicos e olímpicas do Otero Pedrayo.

CHARLAS IMPARTIDAS POLA POLICÍA NACIONAL

No IES Otero Pedrayo damos por concluído o ciclo da charla que, desde a Comisaría Provincial de Policía de Ourense, tan amablemente nos viñeron dar ao noso centro. 

EXPOSICIÓN “OUTONO FOTOGRÁFICO: FOTOGRAFÍA CON PÉ EN GALEGO”

Na presente mostra recóllense as fotografías levadas a cabo polo noso alumnado co gallo da celebración da primeira edición do concurso convocado no noso centro polo Equipo de Normalización da Lingua Galega baixo o título “Concurso fotográfico con pé escrito en galego”.

A INTENCIÓN DESTA MOSTRA

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou un concurso fotográfico con pé de foto en galego aberto á participación de todo o alumnado do centro.

TALLER DE DOBRAXE NO OUFF

O alumnado do IES Otero Pedrayo sempre está a descubrir "novos mundos". Neste caso, e dentro do marco do OUFF, a nosa rapazada de 4° ESO tivo a sorte de poder asistir a un taller de dobraxe no Centro Cultural Marcos Valcárcel. Foi magnífico! Despois dunha parte introdutoria en clave humorística, eles mesmos tiveron a oportunidade de poder dobrar un fragmento (tamén en clave de humor) dun dos seus filmes favoritos. Canto aprendemos e canto nos rimos! Aí van algunhas fotos da sesión: 

O ÁRTICO ROMPE.

E agora si, pecha a exposición O ártico rompe, despois de ter pasado por ela, practicamente, todo o alumnado do noso centro. Foi unha sorte poder disfrutala e aprender tanto, non só de cambio climático, senón tamén sobre curiosidades de moitas especies animais. 

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Como non podía ser doutro xeito, o IES Otero Pedrayo non quixo deixar pasar de largo unha data destas características,  na q hai tanto aínda por reivindicar.  Foron moitas as actividades q xiraron arredor dela: 

- O primeiro que quixemos foi visibilizala e, para iso, colocamos varios paneis na entrada con siluetas de muller a frases alusivas ao tema. Tamén, con este obxectivo, fixemos cartelería na que destacamos unha idea: as nosas aulas, os nosos laboratorios, a nosa biblioteca, a nosa sala de profes; en definitiva, o noso IES está libre de violencia.

VISITA A LONIA TEXTIL

O alumnado de 2°Bac de Economía tivo o privilexio de visitar a fábrica LONIA TEXTIL. Durante unha hora e media puideron percorrer as instalacións cun guía que lles deu perfectas explicacións de todo o que ían vendo. Foi unha visita proveitosa.

150 ANIVERSARIO DA PRIMEIRA GRAMÁTICA GALEGA.

A Real Academia Galega escolleu o noso centro para conmemorar os 150 anos da publicación da primeira gramática galega científica:  a Gramática Gallega,  de Juan Antonio Saco e Arce. Desde hoxe, xoves 22 de novembro, loce no claustro do noso instituto unha exposición completa que enmarca ao crego de Alongos no seu tempo. 

NEW TECHNOLOGIES CODE

As novas tecnoloxías viñeron para quedar e é obriga nosa darlle ao alumnado as ferramentas para que as utilice do mellor xeito. A ONG Cooperación Internacional traballou coa rapazada neste sentido. A actividade tiña tres apartados:

- Unha exposición q aínda loce na entrada do IES

- Cinco grupos de traballo con alumnado de 3° ESO para debater sobre diferentes aspectos das novas tecnoloxía (adiccións, cambios de personalidade, cambios de comportamento...)

Distribuir contido


by Dr. Radut