Skip to Content

Escolares

ÍMOS DE XURADO!

O IES Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, seleccionou a seis dos nosos alumnos e alumnas de 2º BAC para exercer de xurado no prestixioso premio literario San Clemente que eles outorgan cada ano. Foi unha honra para  a nosa rapazada viaxar á capital de Galicia para formar parte del! 

CHEGOU O MAGOSTO!

A festa de outono por excelencia é, sen dúbida, o magosto. No Otero Pedrayo celebrámolo con xogos populares, un concurso de sobremesa que foi todo un éxito e, como non, a fogueira para asar castañas.  A festa saíu redonda! E canto disfrutamos catando as máis dos 40 doces presentados a concurso! Como non podía ser doutro xeito, houbo diploma e castañas para cada un dos participantes, asi como catro premios ao mellor sabor e maior orixinalidade. 

SAMAÍN NO OTERO

Polo Samaín, o noso alumnado fixo traballiños para averiguar o significado desta festa de orixe celta. Fixemos unha selección e colocámola na entrada do noso centro para que toda a comunidade educativa a puidera consultar.

Distribuir contido


by Dr. Radut