Skip to Content

Escolares

AVES DE COSTA RICA

O CLUB DE CIENCIAS do Otero Pedrayo organizou, na tarde do 9 de abril, unha xornada divulgativa sobre as "Aves de Costa Rica". Álvaro Rodríguez Pomares deu unha interesante charla no Paraninfo do noso centro sobre as aves deste país, Costa Rica, xa que contamos cunha interesante colección delas naturalizadas. Explicounos a orixe desta colección e algunhas peculiaridades dos seus hábitats e costumes. Foi realmente interesante.

INTERCAMBIO E VIAXE CULTURAL A FRANCIA

Se hai unha viaxe esperada e desexada polo alumnado do IES Otero Pedrayo, esa é a de Francia. Son 15 días de vivencias inesquecibles. 

A DERRADEIRA LEICIÓN DO MESTRE

No IES Otero Pedrayo non podíamos deixar pasar a oportunidade de ir ver a Castelao a través dunha das súas grandes obras, a máis abraiante e conmovedora de todas: "A derradeira leición do Mestre". A rapazada quedou impresionada ao ver o óleo no que Castelao pinta a Alexandre Bóveda asasinado e a dous alumnos chorando polo seu mestre.

AVES EN OURENSE

O Departamento de Ciencias do IES Otero Pedrayo é moi activo. Dentro do proxecto "Club de ciencia no Otero Pedrayo", organizou unha charla sumamente interesante sobre as aves en Ourense.

NOTARIAS POR UN DÍA.

O martes, 9 de abril, as nosas alumnas Elena Álvarez e Sara Mei Barroso, de 2º BAC, participaron na actividade "Notarias por un día". Foi interesantísima e Sara e Elena viñeron encantadas!

Grazas ao "Consejo General del Notariado" por propoñérnola! E grazas tamén polo agasallo personalizado que as nosas nenas recibiron.

 

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO.

No Otero quixemos celebrar a efeméride organizando desde a biblioteca un intercambio de libros entre o noso alumnado. É unha actividade moi atractiva e que esperta grande interese na nosa rapazada.

Tamén hoxe se repartiu a todos os alumnos/as e profesorado o marcapáxinas que resultou gañador no concurso convocado co gallo deste día.

Grazas, Belén, polo teu magnífico traballo.

 

MATEMÁTICAS NA RÚA

 O pasado sábado 6 de abril, o alumnado do Otero Pedrayo participou na actividade "Matemáticas na rúa". A ENCIGA (Asociación dos Ensinantes de Ciencias de Galicia) organizou unha mañá de matemáticas lúdicas e divertidas na Praza Maior de Ourense. Xeometría, papiroflexia, fractais, anamorfoses, mosaicos, xogos de lóxica... sorprenderon ao noso alumnado. Grazas á profe Emilia e ao profe Adrian por acompañar aos nosos rapaces e rapazas. Isto é ensino de calidade.

O PARLAMENTO DE GALICIA

Co obxectivo de que o noso alumnado coñeza de preto o traballo que se desenvolve no Parlamento de Galicia, no IES Otero Pedrayo recibimos esta semana a tres ex parlamentarias/o ( Dolores Rodríguez Seijas, Tereixa Paz Franco e Pablo Xabier López Vidal) que, despois de proxectarlle un pequeno vídeo explicativo, lles contaron aos nosos rapaces e rapazas cal é o papel que o Parlamento galego ten, desde un punto de vista persoal e moi ameno. Houbo unha alta participación do alumnado no colquio co que finalizamos a actividade.

VISITA AO RÍO BARBAÑA

Un dos seis plan Proxecta de innovación educativa que este ano se está a desenvolver no IES Otero Pedrayo é o "Proxecto Ríos". Con el preténdese que o alumnado de 1º e 4º da ESO se achegue ao río Barbaña, un ecosistema próximo ao noso centro e que, pese a estar moi alterado, segue a ter unha sorprendente biodiversidade. 

TEATRO "GOLPES"

Seguimos dando conta de máis actividades organizadas no IES Otero Pedrayo co gallo do Día Internacional da Muller. Neste caso foi a representación teatral de Golpes.

Distribuir contido


by Dr. Radut