Skip to Content

Escolares

VIAXE CULTURAL A LONDRES

LONDRES. Este foi o destino que o alumnado de 4º da ESO escolleu para celebrar o seu fin de ciclo. Foi unha viaxe cultural do máis completa; foron días nos que gozaron de cada un dos recunchos londinenses; foron días nos que tiveron a oportunidade de practicar a lingua oral inglesa; foron días nos que viviron mil e unha experiencias; foron días que non van esquecer nunca. Grazas a Marga e a Moncho por acompañalos e ser os mellores guías.

Ensino público. Ensino de calidade.

CHARLA SOBRE AGRICULTURA ECOLÓXICA

Dentro do proxecto do Horto Escolar, o alumnado do IES Otero Pedrayo puido disfrutar, o luns 20 de maio, dunha charla interesantísima por parte do CRAEGA (Consello Regulador da agricultura ecolóxica).

Os nosos rapaces e rapazas están moi concienciados da importancia que a agricultura ecolóxica ten que ter na nosa sociedade. No noso centro, os nosos hortos son totalmente ecolóxicos. Teoría e práctica sempre deben ir da man.

PROXECTO TERRA - VIAXE A OPORTO

O departamento de Debuxo participou neste curso os pasados días 9 e 10 de maio nun dos Intercambios Territoriais que se ofertan dentro do Proxecta Terra, na cidade lusa de Porto.

DÍA DO LIBRO

O Día do libro é unha data para festexar. No Otero Pedrayo fixémolo con dúas actividades moi especiais.

A primeira foi o agasallo dun marcapáxinas elaborado polo noso alumnado; démosllo a toda a comunidade educativa. Este marcapáxinas foi o gañador do concurso convocado pola biblioteca con este fin.  

RECAUDACIÓN DE FONDOS PARA A VIAXE A LONDRES

O alumnado de 4° de ESO celebra o remate de etapa cunha viaxe cultural a Londres. E precisan cartos! Ofrecéronnos vender patés, polvoróns, colonias e unha chea de produtos máis.

Nós negámonos a ser comerciais de ninguén e quixemos ofrecer aficións, paixón, talento... a través dunh gala que a rapazada preparou. Foi sumamente bonita e emotiva! Complementárona cun mercadiño de segunda man que montaron no centro. Foi todo un éxito.

HORTO URBANO

Un dos grandes proxectos levados a cabo este ano no IES Otero Pedrayo é o do horto urbano. Que ben pintan os nosos chícharos, tomates, acelgas, amorodos... Que boa colleita van ter os nosos rapaces e rapazas! Que necesario é introducir a agricultura nun centro tan urbano coma o noso; agricultura ecolóxica, claro está! 

TEATRO ESCOLAR

O IES Otero Pedrayo está sempre co teatro, nesta ocasión, co teatro escolar. A través de MOTECES (Mostra de teatro de centros escolares), o noso alumnado puido asisistir á fantástica posta en escea de 'Fume na néboa', do grupo teatral Caixa desastre, do Santo Ángel.

Noraboa! 

IMOS AO TEATRO!

No IES Otero Pedrayo nunca desaproveitamos a ocasión de levar a nosa rapazada ao teatro. Nesta ocasión, o alumnado de 4° da ESO puido disfrutar de todo un clásico das letras españolas: Luces de bohemia, de Valle Inclán. A representación foi magnífica! Grazas ao departamento de Lingua española e Literatura pola organización da actividade. 

VIAXE A SANTIAGO: OBRADOIRO DE APUNTES ARQUITECTÓNICOS AO NATURAL

O alumnado de 1º de BAC que cursa a materia de Debuxo Técnico I, un total de 23 alumnos e alumnas viaxaron a Santiago de Compostela o día 24 de abril para levar a cabo un “Obradoiro de apuntes de debuxo arquitectónico ao natural”.

Así, estiveron no Monte Gaiás realizando unha serie de debuxos dos edificios que compoñen o conxunto da Cidade da Cultura dirixidos polo profesor da materia, Manuel Sánchez Seco.

AS BACANTES, de EURÍPIDES

Sempre que temos a oportunidade de que o noso alumnado asista a unha representación de teatro clásico, non a deixamos escapar. Esta vez, no Auditorio, os rapaces e rapazas de 1º BAC de Literatura Universal puideron disfrutar da magnífica representación das Bacantes, de Eurípides.

Grazas á compañía de teatro Noite Bohemia polo seu estupendo traballo.

Distribuir contido


by Dr. Radut