Skip to Content

Escolares

O NOSO HORTO: SEMENTEIRA

Co cambio de lúa, chegou a primeira sementeira aos hortos do IES Otero Pedrayo. Chícharos, allos, perexil, espinacas de inverno... son algúns dos produtos que este ano, esperemos, nazan nos nosos terreíños. O alumnado de 1º da ESO púxolle todo o amor posible!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

DÍA MUNDIAL DA SIDA

A SIDA segue a ser un grave problema de saúde pública. No mundo, a día de hoxe, hai 38 millóns de persoas que viven co VIH. É por isto que o alumnado do Otero Pedrayo está a traballar esta semana, nas horas de titorías, a problemática deste virus a través de xogos e pequenos vídeos que levan á reflexión e ao debate.
Alén do anterior, hoxe quixemos visibilizar a efeméride uníndonos á campaña que lanzou a ONU co lema "Solidariedade mundial, responsabilidade compartida", proxectando na pantalla da entrada información relevante sobre a SIDA.
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDA

25N, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CARA A MULLER

 
 A lectura do manifesto, a colocación da pancarta, o desfile- concurso das "Máscaras contra a violencia", a música, o cine fórum contra a violencia... son algunhas das actvidades que hoxe se levaron a cabo no noso IES para visibilizar esta outra pandemia que estamos a sufrir en pleno século XXI, a violencia machista.
 
Rechazamos enerxicamente calquera tipo dela, verbal ou física, por moi sutil que esta sexa porque, no Otero, querémonos sen violencia!
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

CHARLA DE JOSÉ RAMOS VIVAS (MICROBIÓLOGO)

As actividades de máxima calidade continúan no IES Otero Pedrayo. Se as circunstancias actuais nolo permiten, o noso alumnado vai ter o luxo de escoitar a un dos microbiólogos de maior prestixio do panorama actual: José Ramos Vivas, ex alumno do centro. 

José Ramos Vivas é investigador e divulgador científico no Instituto de Investigación Sanitaria Valdecilla Idival, en Santander, onde dirixe o laboratorio de Microbioloxía. Realizou estancias postdoctorais no Instituto Pasteur de París, no Centro Nacional de Biotecnoloxía (CNB) e no Centro de Investigacións Biolóxicas (CIB) do CSIC en Madrid, na Universidade de Las Palmas de Gran Canaria e no Wellcome-Wolfson Institute for Experimental Medicina de Belfast. Imparte docencia no Máster de Bioloxía Molecular e Biomedicina e no Máster en Dirección e Xestión de Servizos Sanitarios da Universidade de Cantabria, en Santander (España), onde tamén colabora coa Escola de Doutorado. É autor dos libros Súper-bacterias, El arte de la tesis doctoral ou Historia de las bacterias patógenas

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

GALICIA, DE NÓS A NOS

Dentro da programación polo centenario da revista e o grupo Nós, o alumnado do IES Otero Pedrayo puido visitar a semana pasada a exposición "Galicia, de Nós a nós", que reúne na Cidade da Cultura máis de 300 pezas na mostra máis completa e ambiciosa sobre a Xeración Nós. O obxectivo é destacar o legado do grupo de intelectuais galeguistas que contribuíron decididamente, nas primeiras décadas do século XX, ao desenvolvemento, renovación e internacionalización da lingua e da cultura galega. Iso si, a visita fixémola en liña, desde o noso Paraninfo, e gardando todas as medidas de seguridade. A educación e a cultura son seguras.

 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

MUSEO DO OTERO PEDRAYO

O IES Otero Pedrayo conta cun magnífico museo, pertencente á rede MUPEGA (Museos Pedagóxicos de Galicia), que este ano loce nos corredores e no Paraninfo, museizando deste xeito todo o centro educativo.
 
 
Co obxectivo de poñelo en valor, o alumnado pode gozar dunha completa visita guiada a cargo da profesora Pilar Rodríguez Vázquez, na que coñecen a historia de cada unha das nosas pezas.
 
 
 
Indo un paso cara adiante, a través do "Club de Ciencia" que desenvolvemos no instituto, este curso estamos a traballar na elaboración dunha audio-guía para que calquera visitante que se achegue a coñecer o "Museo do Otero Pedrayo", poida escoitar unha detallada explicación de cada unha das pezas. O obxectivo é que o próximo curso estea dispoñible en galego, castelán, francés e inglés, facendo deste xetio o proxecto interdisciplinar.
 
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ACTIVIDADES SEMANA DO 9 AO 13 DE MARZO

ENTROIDO INTERXENERACIONAL: CENTRO DE DÍA A FARIXA - IES OTERO PEDRAYO

Entroido Interxeracional: Centro de día A Farixa- Otero Pedrayo! Este ano vivimos no Otero o Entroido con máis valores, o máis inclusivo, o de todxs e con todxs, o máis entrañable... e o máis divertido! Grazas ao noso programa Inclúe-T, este curso forma parte da familia do Otero Pedrayo "a mocidade" do Centro de día A Farixa. Canto aprendemos delxs! Que experiencia máis bonita para o noso alumnado e profesorado! Grazas. De corazón

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

 

Onte, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA, quixemos visibilizar o papel de tantas científicas que levan traballado e traballan arreo por un mundo mellor.  Fixémolo con varias acción:

  • Coa lectura dun manifesto
  • Co visionado de dúas presentación feitas polo alumnado: “As mulleres científicas ao longo da historia” e “Ourensás brillantes nas Ciencias”
  • Coa elaboración dun gran panel  onde se destacaron  figuras femininas  de gran relevancia na ciencia.
  • Coa conferencia de María Inmaculada Franco Motilla, profesora titular da área de tecnoloxía de alimentos da Universidade de Vigo (Campus de Ourense). A charla tivo por título “Investigación de mulleres en tecnoloxía de alimentos”.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

ARANTZA PORTABALES

 

O luns, 10 de febreiro,  visitaba o noso centro Arantza Portabales, autora de Beleza Vermella. É un luxo para o Otero Pedrayo contar con escritoras da súa calidade literaria e, sobre todo, da súa calidade humana. Grazas, Arantza, por compartir o teu tempo co noso alumnado.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

Distribuir contido


by Dr. Radut