Skip to Content

Escolares

RIQUEZA INTERXERACIONAL

Unha actividade ben bonita se está preparando no IES Otero Pedrayo... A próxima semana mostraremos o resultado.

 

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO, ENSINO DE CALIDADE

FESTIVAL DE NADAL

No Otero, non pode rematar o primeiro trimestre sen un bo festival de Nadal. Así manda a tradición e así o fixemos. Actuacións de ballet, de violín, cancións en solitario, dúos, coreografías, panxoliñas... e ata a nosa súper produción: o musical Grease, compuxeron un festival cheo de talento e de maxia.
Con el, queremos desexarvos que pasedes un bo nadal e unhas moi felices festas.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

25N. A VIOLENCIA NO NOVO CONTEXTO DIXITAL

 

Con este obradoiro dirixido ao alumnado de 1º ESO, pechabamos hoxe no IES Otero Pedrayo as V Xornadas contra a violencia.
Grazas ao Plan Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade" por concedérnolo; grazas a Pantallas Amigas por ofrecernos unha formación tan interesante e necesaria relacionada coa violencia e o mundo dixital.
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE

25N. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CARA A MULLER

 

Despois dunha intensa semana de actividades contra a violencia, no día de hoxe, 25 de novembro, visibilizamos a conmemoración coa colocación da pancarta na fachada exterior e coa lectura do manifesto e de textos de distintas tipoloxías, sempre co "Pano corado" das Tanxugueiras de fondo. O equipo da Biblioteca, de Normalización Lingüística, de Orientación e o resto dos departamentos colaboraron na confección destas V Xornadas contra a violencia.
Todo é pouco para concienciar, educar, sensibilizar, previr, visibilizar... sobre un tema tan preocupante como este da violencia de xénero. A próxima semana, seguimos!
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

25N. NON CALAR, de Trécola Teatro

 
Nas xornadas contra a violencia do Otero Pedrayo, sempre ten cabida o teatro. Este ano, grazas á Concellaría de Igualdade, o alumnado de 1º BAC puido asistir a unha fantástica proposta de Trécola Teatro, centrada en diferentes sketchs relacionados con xénero e un fructífero debate no que o noso alumnado mostrou dúbidas, inquedanzas, diferentes puntos de vista...
Que necesarias son estas propostas! No Otero Pedrayo, non calamos.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

25N. A VIOLENCIA DE XÉNERO NA PUBLICIDADE E NOS MASS-MEDIA

 

Dentro das xornadas contra a violencia que se están a desenvolver no Otero Pedrayo, o alumnado de 2º e 3º da ESO centrouse onte na análise da violencia na publicidade e nos medios de comunicación social.
Gela G. Sánchez-Albornoz, consultora de xénero e políticas de igualdade, amosou a visión estereotipada que a publicidade e os medios de comunicación nos transmite sobre os roles dos homes e das mulleres: a cousificación de ambos xéneros, as cualidades que se esperan de ambos, os estereotipos na música adolescente e a victimización excesiva da muller nas noticias.
A continuación, o alumnado de 3º ESO espuxo o resultado dun traballo de investigación que viña desenvolvendo desde semanas atrás, impulsado desde a Biblioteca, centrado no tratamento da violencia cara as mulleres na prensa escrita. Analizaron os xornais do último mes, seleccionaron aquelas novas que tiñan enfoques machistas, refixéronas e espuxeron os resultados nun panel que logo lle comentaron ao seu alumnado. Foi un súper traballazo! Porque o tema merece todos os esforzos e máis...
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

22 de NOVEMBRO: DÍA DOS MÚSICOS E MÚSICAS

 

Hoxe celebramos e pomos en valor as músicas galegas a través da exposición de Laura Romero "As nosas músicas falan galego". Laura Romero é licenciada en Belas Artes e excelente música, baixista do grupo Zënzar, que despois de un ano de concertos e festivais co seu grupo, decatouse da escasa presenza de mulleres en bandas de música. Foi por isto polo que decidiu pór en marcha un proxecto de músicas galegas ilustradas, para dalas a coñecer e crear referentes para a nosa mocidade.
A proposta que trae aos centros de músicas e debuxo delas en directo é espectacular, así como a exposición coa que agasalla e vos mostramos nas fotografías. Con ela celebramos este día. Grazas, Laura Romero.
Actividade enmarcada dentro do programa "Donas de si".
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

25N. O URBANISMO DESDE UNHA PERSPECTIVA DE XÉNERO

 

Hoxe comezamos no Otero Pedrayo as VI Xornadas contra a violencia, co gallo do 25N, Día Internacional contra a violencia de xénero cara a muller, e non o puidemos facer de mellor xeito que cun obradoiro sobre urbanismo e xénero.
É a nosa cidade un eSpazo pensado para as mulleres? Para a muller-nai, para a muller-filla, para a muller-moza? Hai espazos de lecer, parques, espazos peonís, pista ciclables ou é un urbanismo que prioriza os coches ou outros elementos antes cás persoas? Vós, como habitantes, que mellorariades?
Sobre todo isto reflexionou e traballou o noso alumnado de 4º ESO hoxe, grazas ao bo facer de Begoña Garrido, do equipo de Xeitura Cooperativa, a través do Proxecto de innovación educativa Proxecta Terra.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS DE IDADE

 
O irmanamento coa Cruz Vermella- Ourense está a derrubar calquera estereotipo negativo ou idea errónea asociada ás persoas maiores e ao envellecemento. Para mostra do potencial que teñen os nosos e as nosas maiores, o Tik Tok que lanzamos co gallo da celebración do seu Día Internacional.
Só agardamos que gocedes tanto véndoo como o fixeron gravándoo adolescentes e menos adolescentes. (ver vídeo)
Programa de éxito educativo INCLÚE.
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE
Distribuir contido


by Dr. Radut