Skip to Content

25N. A VIOLENCIA DE XÉNERO NA PUBLICIDADE E NOS MASS-MEDIA

 

Dentro das xornadas contra a violencia que se están a desenvolver no Otero Pedrayo, o alumnado de 2º e 3º da ESO centrouse onte na análise da violencia na publicidade e nos medios de comunicación social.
Gela G. Sánchez-Albornoz, consultora de xénero e políticas de igualdade, amosou a visión estereotipada que a publicidade e os medios de comunicación nos transmite sobre os roles dos homes e das mulleres: a cousificación de ambos xéneros, as cualidades que se esperan de ambos, os estereotipos na música adolescente e a victimización excesiva da muller nas noticias.
A continuación, o alumnado de 3º ESO espuxo o resultado dun traballo de investigación que viña desenvolvendo desde semanas atrás, impulsado desde a Biblioteca, centrado no tratamento da violencia cara as mulleres na prensa escrita. Analizaron os xornais do último mes, seleccionaron aquelas novas que tiñan enfoques machistas, refixéronas e espuxeron os resultados nun panel que logo lle comentaron ao seu alumnado. Foi un súper traballazo! Porque o tema merece todos os esforzos e máis...
 
 
IES OTERO PEDRAYO. ENSINO PÚBLICO. ENSINO DE CALIDADE.


story | by Dr. Radut